Vol. 23 (2019)

A parte monográfica deste número, dedicada ao tema "Municipios e Educación", foi coordinada polo profesor Justino Magalhães do Instituto da Educação da Universidade de Lisboa.
Publicada:
2020-01-07
A parte monográfica deste número, dedicada ao tema "Municipios e Educación", foi coordinada polo profesor Justino Magalhães do Instituto da Educação da Universidade de Lisboa.
No decurso do período moderno e com maior incidência no período contemporâneo, na sequência das revoluções liberais e republicanas e no quadro dos regimes democráticos actuais, os municípios constituíram e constituem a instância de representação e desenvolvimento. São formados por população, território, poder administrativo e capacidade económico-financeira. Comportam poder de decisão. No campo da educação, são instâncias com legitimidade meta-educativa, nomeadamente em matéria de costumes, cidadania, consulta e decisão, oferta escolar. São constitutivos da memória colectiva e de identidade social e individual.
As reformas pombalinas da educación tiveron impacto diferenciado nas diversas capitanias de América portuguesa debido ás condicións locais relacionadas, principalmente, coa presenza ou ausencia da Compañía de Jesus e doutras ordes relixiosas. Na Capitania de Minas Xerais a prohibición da instalación desas ordes relixiosas, desde o inicio do século XVIII, permitiu á poboación local, conforme a súa calidade e condición, buscar formas particulares para a educación dos seus fillos e dependentes. A creación do ensino rexio, a partir de 1759, asociada en 1772 á imposición do seu medio de financiamento -o subsidio literario- trouxo novas perspectivas pero tamén conflitos, que interpuxeron o poder local e os seus representantes, os profesores rexios e a Coroa. As clases rexias, primeira experiencia concreta da escola pública estatal na rexión, emerxeron como valor e como aparello, tamén, de poder, e medida das forzas políticas e sociais. Este artigo ten como obxectivo analizar esas relacións a partir da actuación dos principais axentes municipais, dos profesores rexios e do poder central, no proceso de construción do lugar social da escola pública no espazo urbano colonial da rexión das Minas.
A Normativa de 20 de decembro de 1850 reforzou o papel da administración local, determinando que na creación de novas escolas terían preferencia os municipios e as clientelas que dispuxesen de casa propia e mobiliario adecuado. Tal decisión foi completada anos máis tarde (1866) coa promulgación dun conxunto de normas sobre os espazos escolares e os seus equipamentos. O Municipio de Lisboa non gozou de privilexios especiais relativamente na instrución pública, debendo rexerse polas normas xerais promulgadas para todo o país. E, tal como as outras municipalidades, tamén a de Lisboa non dispuña de medios financeiros suficientes, aínda que no seu territorio funcionasen a maior parte dos servizos administrativos centrais e as institucións políticas. Neste artigo analízase a situación do ensino primario en dous territorios distintos: o Municipio de Lisboa, capital do Reino, eminentemente de características urbanas e o Municipio de Proença-a-Nova, con predominancia de actividades rurais e poucos medios de comunicación, situado no interior do país. Para o estudo foron utilizados, como fontes primarias, os cuestionarios cumprimentados durante unha Inspección Extraordinaria ás Escolas Primarias, realizada en 1875. Foron tamén utilizados outros documentos oficiais e estudos da época.
Neste estudo abórdase o proceso de creación dunha escola para nenas, na parroquia de Pereira do municipio de Ovar, ofrecida por un empresario local. O benefactor era o empresario João Rodrigues de Oliveira Santos, regresado de Brasil e dono dunha fábrica de chapeus, naquela parroquia. O proceso tivo inicio en 1873, pero durou varios anos, coprometendo a autoridades municipais e nacionais. A loita contra o analfabetismo, en Portugal, necesitaba dos esforzos das autoridades políticas, pero obtivo tamén a contribución de entidades e individualidades civís, para abrir escolas.
A creación de escolas estaba reglamentada e obedecía a un conxunto de principios e requisitos formais, que foran consignados por Portaría de 1866, cando acepta e executa o legado do Conde Ferreira. No caso, en estudo, obsérvase unha controversia entre os distintos axentes, que adquiriu tinguiduras de disputa entre faccións políticas, o mesmo no plano local como estatal, tal e como se pode tirar ao comprobar as fontes oficiosas e os testemuños da prensa local.
Ao longo do século XIX xéranse moitas normas legais que van dando corpo á administración educativa. A primeira parte da centuria é máis parca e desorganizada, pois non existiu unha lei xeral, senón diversos plans, regulamentos... que tentaban organizar cada nivel de ensino, a formación dos mestres ou a inspección. Con todo, na segunda parte do século, grazas á publicación da lei Moyano, os municipios andaluces teñen unha guía de actuación para o ensino, sobre todo a primaria que era a que maioritariamente dependía dos concellos. No artigo trataremos de analizar como todas estas normas legais non acababan de porse en práctica, fundamentalmente, pola falta de orzamentos e, noutras ocasións, pola falta de visión de futuro dos edís locais. A pesar diso, hai un crecemento de escolas e un descenso do analfabetismo considerable ao longo de todo o século.
Este texto tenta analizar políticas e prácticas administrativas destinadas á asistencia de menores desvalidos en Brasil e, especificamente, no municipio de Pelotas/RS-Brasil, no inicio do século XX, período da chamada Primeira República brasileira (1889-1930). Neste contexto, os gobernos republicanos implementaron estratexias políticas para solucionar problemas sociais, entre elas a educación do neno pobre. As institucións asilares, educativas e filantrópicas foron fundadas para acoller e instruír nenos e nenas desvalidos. Interésanos percibir e analizar as accións da comunidade local, da Igrexa católica e do poder público municipal, ao fundar estas institucións de amparo aos menores. O estudo está baseado na bibliografía sobre a temática, así como na lexislación, actas e xornais locais, que permiten percibir os mecanismos postos en marcha pola administración destas institucións.
O presente artigo busca sintetizar un conxunto de ideas que foron desenvolvidas por diversos autores, en torno ao xurdimiento da hixiene escolar e das políticas educativo-sanitarias en Portugal. Tomando o período da 1ª República como referencia, este artigo busca esclarecer a realidade que potenciou o nacemento do movemento hixienista, así como a súa apropiación por parte do discurso republicano. Preténdese percibir igualmente cal foi o papel asumido polo poder municipal no contexto de repartición de responsabilidades no campo educativo, tomando como exemplo a acción da Cámara Municipal do Porto no período comprendido entre 1910 e 1926.
O propósito de modernización e de universalización do ensino primario en España emprendido polo Estado a comezos do século XX esixía a construción de miles de edificios escolares. Ata 1920 esta tarefa era de competencia municipal, aínda que a xeneralizada penuria das arcas municipais non permitía a resolución do asunto. Durante a década dos anos vinte e trinta do século pasado o Estado involucrouse firmemente na construción de novas escolas, aínda que requiriu a iniciativa e cooperación dos municipios. A análise das fórmulas de colaboración entre o Estado e os municipios españois para conseguir o maior incremento de edificios escolares logrado ata entón dentro do sistema educativo español constitúe o contido deste artigo.
Coa vontade explícita de alentar a construción dun novo país en nome do desenvolvemento e da democracia local, o texto que se presenta sitúa os seus argumentos nunha lectura histórica do quefacer educativo municipal en Galicia, dende os últimos anos da década dos setenta do pasado século ata a actualidade (1978-2018). Sendo así, os seus contidos articúlanse arredor de catro eixes temáticos principais: a tensión entre o local e o global na emerxencia dun novo escenario para a educación no tránsito cara ao século XXI; a acción-intervención educativa nos e dos concellos como un compromiso cívico, pedagóxico e político; as competencias municipais en materia educativa na complicada concreción das palabras en feitos; a misión educadora dos concellos atendendo a distintas perspectivas e iniciativas da acción-intervención educativa, dende a infancia ata a vellez, nas institucións escolares e nun amplo conxunto de axentes, entidades e organizacións comunitarias.
A "escola", en Vila Nova de Gaia, constitúe unha marca fortemente identitária nas comunidades, testificada non só polos memoriais evocativos e estatuas abundantes como, tamén, pola toponimia relacionada coas institucións escolares, profesores, filántropos e outros axentes sociais, esparexida por todo o territorio e, obviamente, materializada en edificios con funcións educativas.
Na tentativa de contribuír ao impulso da creación dunha estrutura que permita a aprendizaxe cognitiva e experimental do diverso pasado histórico educativo gaiense, esta investigación, que cruza a investigación documental de arquivo e hemerográfica, co estudo de campo, levantamento e sistematización tipológica, ten por obxectivo trazar unha panorámica dinámica e descritiva do patrimonio edificado de Vila Nova de Gaia, ata a materialización dos proxectos-tipo de escolas regionalizadas, na década dos anos trinta do século XX.
A Escola Alemá do Porto, fundada en 1901, destácase no panorama educativo portugués como unha das escolas estranxeiras máis antigas en funcionamento, a pesar das moitas vicisitudes sufridas ao longo do século XX, intimamente articuladas coa evolución política e educativa entre o país de orixe e o de acollida. Este estudo presenta unha breve historia institucional deste establecemento de ensino privado en diferentes momentos, incluíndo o seu breve asentamento en Galicia, subliñando a modernidade e innovación dos seus modelos pedagóxicos e finalidades educativas. Así como o cosmopolitismo dun paradigma baseado nun sistema educativo alemán en constante transformación, sen por iso prescindir da aculturación á realidade portuguesa aínda hoxe cultivada.
A política educativa salazarista comeza a deseñarse a partir de 1936, substituíndose o Ministerio de Instrución Pública polo Ministerio de Educación Nacional, que asume educar os nenos, as raparigas e as mulleres portuguesas, encadrándoas nos valores ideolóxicos do Estado Novo, para o que a existencia da muller se confundía coa da familia. Ao corrente dun conxunto de instrumentos legais, de onde se destaca a prohibición da coeducación no ensino primario, son creadas dúas organizacións estatais a Obra das Nais pola Educación Nacional e a Mocidade Portuguesa Feminina (MPF), para asegurar a modelación do carácter das futuras mozas e mulleres portuguesas. Pretendemos mapear actuacións da MPF nun liceu lisboeta, de asistencia estritamente feminina, desde a súa implementación ata aos finais dos anos 60 do século pasado, período durante o cal a frecuencia de actividades da MPF ofrecidas pola escola pasou de obrigatoria a facultativa. Explorando, esencialmente, un conxunto de fontes non traballadas e procesándose o traballo hermenéutico no horizonte conceptual da Historia da Educación das Mulleres, a reconstrución daquelas actuacións permítenos afirmar que, a pesar de plurais, son pensadas para a produción de boas esposas e nais de familia, garantíndose que no liceu fabríquense anxos do fogar .
Muros foi o concello da provincia da Coruña cuxo maxisterio sufriu con máis contundencia a represión dos militares sublevados contra a República en 1936: o 48% dos seus docentes foron separados definitivamente do ensino. Neste artigo analízanse, en primeiro lugar, as sancións aplicadas e os cargos formulados, prestando especial atención aos de natureza política e relixiosa. A continuación, reconstruímos as historias de catro mestres que, ademais da depuración profesional, experimentaron a prisión, o exilio e mesmo a morte: Francisco Rodríguez Suárez, Xosé Tobío Mayo, Rafael Pardo Carmona e Jesús Álvaro López Brenlla.
Traballo elaborado por José Ramón Fernández Ojea (Ben-Cho-Shey) para explicar a importancia do canto rexional como cerne e argumento educativo nas escolas.
É un close-up sobre o microcosmo musical portugués, entre 1868 e 1930, que descobre, por unha banda, un obxecto historiográfico, descoñecido, ou moitas veces esquencido: o musical; e, doutra banda, explora o "inconsciente musical", mentres define prácticas sociais musicais constituidas por relacións de forzas visibles e invisibles que estruturan o campo da música.
As escolas ao aire libre foron unha creación moi innovadora nos primeiros anos do século XX. Apareceron nun contexto de loita contra a enfermidade infantil, especialmente a tuberculose, e tiveron no pediatra alemán Adolf Baginsky o seu primeiro defensor.
A monografía presenta de forma axustada o proceso de investigación en torno á educación da primeira infancia, ao mesmo tempo que analiza e permite o acceso ao acervo documental da Asociación das Garderías de Santa Mariña.
Joseph Lancaster foi un dos iniciadores dunha modalidade nova e de máis complexa factura do chamado ensino monitorial ou mutuo escolar. A presente edición en castelán reproduce a edición de 1805, a partir da terceira edición inglesa realizada en 1992.
A obra é o resultado do proxecto de investigación que tivo como principal obxectivo, tal como describe Joaquim Pintassilgo no primeiro capítulo, a determinación dun conxunto amplo de escolas e experiencias innovadoras, diferentes ou alternativas que se desenvolveron en Portugal ao longo do século XX.
Estamos diante dun traballo realizado con obxetividade e moito empeño, en torno á historia real de duas mulleres maestras. Amparado nunha investigación coidada e minuciosa, o profesor de Gabriel achéganos un relato de amor, intriga e sobre todo valor, atravesado, como non podía ser doutra forma na sociedade española de principios do século XX, pola crítica socia, a dor e a humillación.
Crónica da exposición gráfica e informativa sobre o patrimonio do Concello de Madrid relativo ao sistema escolar público durante o período de tempo que vai desde 1898, momento da perda definitiva das últimas colonias españolas, ate o non menos tráxico e posterior de 1938, na antesala da derrota definitiva da Segunda República en 1939.
Descrición do legado e a traxectoria vital de trinta e sete mulleres que, coas súas actitudes persoais e desde perspectivas ideolóxicas diferentes, destacaron de maneira especial no primeiro terzo do século XX.