Contido principal do artigo

Beatriz López-González
Asociación Dismacor
Espanha
María Lorena Pernas-Cortiñas
UNIVERSIDAD DE A CORUÑA
Espanha
Biografía
Vol. Extr., núm. 09 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 9: LINGUAGEM, COMUNICAÇÃO E SUAS ALTERAÇÕES, Páxinas 015-018
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.09.135
Recibido: abr. 22, 2015 Aceito: ago. 16, 2015 Publicado: nov. 23, 2015
Como Citar

Resumo

A síndrome X fráxil é un trastorno xenético debido á mutación dun xen que produce unha proteína necesaria para o desenvolvemento cerebral. Pola súa incidencia considérase a primeira causa de diversidade funcional mental hereditaria. Algunhas das característas que poden presentar as persoas que presenta esta síndrome son: afectación intelectual, falta de atención, hiperactividade, ansiedade e humor inestable... As persoas con Síndrome X fráxil acostuman a presentar dificultades na adquisición da linguaxe e fala. No presente traballo exponse unha intervención logopédica realizada cun cativo de seis anos con Síndrome X fráxil que carece de linguaxe e estratexias de comunicación o cal fai que presente un gran número de problemas de comportamento en diferentes ámbitos. O obxetivo xeral deste traballo é coñecer a repercusión do emprego destas estratexias na comunicación do cativo. Os obxectivos específicos son : Coñecer os beneficios que se poden acadar ao longo do tempo coa combinación deste tipo de intervencións, identificar as repercusións no desenvolvemento xeral do suxeito e dilucidar a influencia destas intervencións no comportamento. Pártese dunha avaliación inicial na que se recolle o estado de desenvolvemento do neno facendo especial fincapé nos aspectos relativos à comunicación, socialización, comportamento... A continuación deséñase e impleméntase un programa de intervención ao longo de doce meses empregando diferentes tipos de extratexias para facilitar a adquisición da comunicación e linguaxe. Este programa conta con diferentes vías de intervención motivadoras con signos e pictogramas apoiadas en estratexias desenroladas en contorna natural. Para rematar cunha avaliación final na que se identifican os avances acadados ao longo deste período. Os resultados sinalan que este tipo de intervencións aumentan as posibilidades de comprensión da contorna mellorando a adquisición de habilidades comunicativas. Pódese concluir dicindo que este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Detalles do artigo