Síndrome X fráxil, os inicios da comunicación e a linguaxe
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.09.135Palabras clave:
Síndrome X-fráxil, logopedia, S.A.A.C., intervención en contornas naturaisResumen
A síndrome X fráxil é un trastorno xenético debido á mutación dun xen que produce unha proteína necesaria para o desenvolvemento cerebral. Pola súa incidencia considérase a primeira causa de diversidade funcional mental hereditaria. Algunhas das característas que poden presentar as persoas que presenta esta síndrome son: afectación intelectual, falta de atención, hiperactividade, ansiedade e humor inestable... As persoas con Síndrome X fráxil acostuman a presentar dificultades na adquisición da linguaxe e fala. No presente traballo exponse unha intervención logopédica realizada cun cativo de seis anos con Síndrome X fráxil que carece de linguaxe e estratexias de comunicación o cal fai que presente un gran número de problemas de comportamento en diferentes ámbitos. O obxetivo xeral deste traballo é coñecer a repercusión do emprego destas estratexias na comunicación do cativo. Os obxectivos específicos son : Coñecer os beneficios que se poden acadar ao longo do tempo coa combinación deste tipo de intervencións, identificar as repercusións no desenvolvemento xeral do suxeito e dilucidar a influencia destas intervencións no comportamento. Pártese dunha avaliación inicial na que se recolle o estado de desenvolvemento do neno facendo especial fincapé nos aspectos relativos à comunicación, socialización, comportamento... A continuación deséñase e impleméntase un programa de intervención ao longo de doce meses empregando diferentes tipos de extratexias para facilitar a adquisición da comunicación e linguaxe. Este programa conta con diferentes vías de intervención motivadoras con signos e pictogramas apoiadas en estratexias desenroladas en contorna natural. Para rematar cunha avaliación final na que se identifican os avances acadados ao longo deste período. Os resultados sinalan que este tipo de intervencións aumentan as posibilidades de comprensión da contorna mellorando a adquisición de habilidades comunicativas. Pódese concluir dicindo que este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.Descargas
##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##
##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles## N/D
##plugins.generic.pfl.authorStatements##
Indexado: {$indexList}
-
##plugins.generic.pfl.indexedList##
- ##plugins.generic.pfl.academicSociety##
- N/D
- Editora:
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Los trabajos publicados en esta revista están bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Los/as autores/as son los titulares de los derechos de explotación (copyright) de su trabajo, pero ceden el derecho de la primera publicación a la Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, la cual podrá publicar en cualquier lengua y soporte, divulgar y distribuir su contenido total o parcial por todos los medios tecnológicamente disponibles y a través de repositorios.
Se permite y anima a los/as autores/as a difundir los artículos aceptados para su publicación en los sitios web personales o institucionales, antes y después de su publicación, siempre que se indique claramente que el trabajo está en esta revista y se proporcionen los datos bibliográficos completos junto con el acceso al documento, preferiblemente mediante el DOI (en caso de que sea imprescindible utilizar un pdf, debe emplearse la versión final maquetada por la Revista). En el caso de artículos que provengan de estudios o proyectos financiados, esto se hará en los plazos y términos establecidos por la entidad o entidades financiadoras de la investigación publicada.