2023

Historias da Educación Social no contexto iberoamericano

O número 27 de Sarmiento acolle, na súa parte monográfica, unha ampla representación do quefacer científico, académico e profesional da Educación Social no espazo iberoamericano. Os seus textos, habitados pola diversidade inherente ás realidades educativas e sociais nas que se insiren as súas autoras e autores, están alentados por un afán -un ethos en definitiva-, común: dar testemuño dun pasado-presente no que a educación social, implícita ou explicitamente, ten evidenciado o seu firme compromiso coa procura dunha sociedade mais xusta, equitativa e convivencial. Queda reflectido nas historias que se relatan nas páxinas que seguen, afirmando e reivindicando o importante labor da comunidade universitaria e dos colectivos profesionais, así como do seu necesario empoderamento como educadores ou pedagogos sociais. 

2022

Vol. 26 (2022)

Neste número 26 de Sarmiento presentamos unha miscelánea conformada por traballos de distinta natureza e temática diversa que se constituen como achegas moi interesantes e novidosas, mesmo desde o punto de vista historigráfico como dos discursos .

2021

Pegadas e influencias da Ligue Internationale pour L'Éducation Nouvelle no espazo ibérico e brasileiro (1921-2021)

Neste número que celebra os 25 anos de Sarmiento presentamos un achegamento aos aspectos históricos e conceptuais máis relevantes do movemento internacional da Educación Nova; tamén se analizan as súas influencias e o desenvolvemento da investigación educativa, especialmente aquela que ten relación con España, Portugal e Brasil.  A parte monográfica do número ten sido coordinada polos profesores Antón Costa Rico (Universidade de Santiago de Compostela) e Luis A. Marques Alves (Universidade do Porto)

2020

Internacionalismo e pacifismo na Historia da Educación Contemporánea

A parte monográfica deste número de Sarmiento correspondente ao ano 2020, adicado nesta ocasión ao tema "Internacionalismo e pacifismo na Historia da Educación contemporánea", foi coordinado polos profesores Joaquim Pintassilgo (Instituto de Educación da Universidade de Lisboa) e Xosé Manuel Cid Fernández (da Universidade de Vigo).

2019

Concellos e educación

A parte monográfica deste número, dedicada ao tema "Municipios e Educación", foi coordinada polo profesor Justino Magalhães do Instituto da Educação da Universidade de Lisboa.

2018

Natureza e educación

 A parte monográfica, dedicada a "Natureza e educación", coordinouna o profesor Eugenio Otero Urtaza.

2017

Depuración do maxisterio

A parte monográfica, dedicada nesta ocasión á "Depuración do maxisterio", foi coordinada polo profesor Narciso de Gabriel Fernández.

2016

In Memoriam do escritor e profesor Agustín Fernández Paz

A parte monográfica do volume é unha homenaxe ao escritor e profesor Agustín Fernández Paz, e ten sido coordinada polos profesores Antón Costa Rico e Miguel Vázquez Freire

2015

Nos 25 anos da creación das novas universidades galegas

A parte monográfica deste número dobre está dedicada aos 25 anos da creación das novas universidades galegas.

2013

Feminismo e educación das mulleres

Este volume inclúe unha parte monográfica sobre "Feminismo e educación das mulleres".

2012
2011

Herminio Barreiro, in memoriam

Monográfico: Profesor Herminio Barreiro, in memoriam.

2010