Vol. 22 (2018)

A parte monográfica, dedicada a "Natureza e educación", coordinouna o profesor Eugenio Otero Urtaza.
Publicada:
2019-07-08
A parte monográfica, dedicada a "Natureza e educación", coordinouna o profesor Eugenio Otero Urtaza.
Presentación da parte monográfica deste número, dedicada a Natureza e Educación
A análise céntrase no programa das Casas do Neno encadrado na obra social e educativa edificada pola acción, sucesiva, das Xuntas Xeral do Distrito de Coimbra, da Provincia da Riba Litoral e Distrital de Coimbra, lideradas por Fernando Bissaya Barreto, entre 1927 e 1974. Discútese o programa polo viés da innovación en educación en tanto introdución do novo e a reconfiguración das relacións co saber e o poder. Interpelamos un conxunto multivariado de fontes arquivísticas, e.g., procesos de admisión ás Casas do Neno, os libros de actas, plantas e alzados, fotografías e un conxunto de traballos elaborados por aprendices. Das fontes publicadas destácanse a prensa escrita e algunhas publicacións contemporáneas dos acontecementos. O corpus documental foi suxeito ao método crítico e á análise de contido e recorreuse á triangulación de fontes para unha lectura máis totalizante. Obtívose unha comprensión complexa da realidade educacional, captando dimensións de innovación educativa e dos seus límites.
Este artigo xorde da investigación feita para o proxecto INOVAR -itinerarios da innovación pedagóxica: escolas e experiencias de referencia en Portugal no seculo XX (2016- 2019)-, do cal o Xardín-Escola João de Deus (Lisboa) é un exemplo de estudo e ten por obxectivo primordial analizar as súas prácticas pedagóxicas. Debido ao feito do Xardín-Escola en análise sexa centenario, delimitei a miña reflexión ao arco temporal que vai desde a súa apertura ao público en 1915 ata ao fallecimento do seu fundador en 1953.
Attilio Pontanari Maestrini foi o precursor da educación física en Compostela; a súa orixe era italiana e alí formárase na escola florentina de ximnasia. En 1879 chegou á Coruña onde coñeceu a Emilia Rodríguez Fariña, coa que se estabeleceu na cidade e formou unha familia. Na Coruña comezou a exercer de profesor de ximnasia e ortopedista e en 1883 deu a coñecer ese labor en Compostela. Anos despois, un grupo de médicos da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago propuxo crear unha escola de ximnasia no seo desa entidade; para organizala e dirixila foi nomeado Attilio Pontanari. A escola foi inaugurada en 1889 e nese mesmo ano instalouse coa súa familia en Compostela, onde tamén puxo en marcha un ximnasio privado. A escola de ximnasia funcionou durante case cinco anos aplicando métodos ximnásticos baseados na forza e a esgrima. En 1893 Pontanari foi nomeado profesor de ximnasia do Instituto de Pontevedra, polo que acabou deixando a súa actividade en Compostela para se trasladar á mencionada cidade.
A partir da década de 1970 do século pasado o discurso feminista fíxose explícito en certa literatura infantil e xuvenil como reacción aos estereotipos sexistas presentes nas obras para os/ as máis novos/as. Deste xeito agromaron protagonistas femininas ousadas e activas, á vez que medraban as historias protagonizadas por personaxes de nenas e mozas, que foron atentamente examinadas pola crítica. As personaxes masculinas tamén mudaron as súas características e algunhas delas foron construídas con trazos diferenciados da masculinidade hexemónica, ben para buscar a identificación co seu lectorado máis novo, ben para abrirlle novas identidades; porén, apenas foron analizadas cualitativamente. Neste estudo examinaremos os atributos principais de Antón Andrade e Nicolau Arís, os protagonistas das dúas primeiras obras de María Victoria Moreno dirixidas a público xuvenil á luz dos estudos sobre a masculinidade que naceron tamén á calor das ideas feministas.
Gregorio Sanz García (1900-1997) exerceu como mestre na escola da Fundación Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo), a escola pública de San Pedro de Benquerencia (Barreiros) e a escola preparatoria do Instituto de Ribadeo. O seu compromiso co proxecto transformador da Segunda República e a súa ideoloxía de esquerdas determinou que fose separado do ensino no curso do proceso de depuración a que foi sometido o maxisterio (1937) e condenado a vinte anos de cárcere por un consello de guerra (1938). Na súa traxectoria ocupa un lugar central a defensa da escola pública, que el prefería denominar «escola nacional».
Documentos: Xardíns escolares e festas da árbore en Galiza
Documentos: Friluftsliv, a paixón polo retorno á Natureza
Recensión de libro: Emilio Lledó (2018). Sobre la educación. La necesidad de la Literatura y la vigencia de la Filosofía.
Recensión de libro: Isabel Vilafranca; Conrad Vilanou (eds.) (2018). Giner i la Institución Libre de Enseñanza, des de Catalunya. Cent anys després de la mort de Francisco Giner de los Ríos (1839-1915).
Recensión de libro: Miguel Ángel Martín Sánchez; Tamar Groves; Joaquim Pintassilgo; Jorge Cáceres-Muñoz (2018). Tradición e innovación en la educación europea en los siglos XIX-XX: Los casos de España y Portugal.
Recensión de libro: Ann Taylor Allen (2017). The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States.
Recensión de libro: Pedro M. Moreno Martínez (ed.) (2018). Educación, historia y sociedad. El legado historiográfico de Antonio Viñao.
Recensión de libro: C. M. da Silva (2018). A Experiência das Juntas Escolares no Concelho de Mafra. Finais do Século XIX - I República.
Recensión de libro: Encarnación Martínez Alfaro; Leoncio López-Acón Cabrera; Gabriela Ossenbach Sauter (eds.) (2018). Ciencia e innovación en las aulas. Centenario del Instituto-Escuela (1918-1939).
Recensión de libro: Henriques Helder (2018). A Enfermagem em Portugal: Formação e Identidade Profissional. A Escola de Enfermagem de Castelo Branco: Dr. Lopes Dias (1948- 1988).
Recensión de libro: M. Banguesas Vázquez; J. Aguilar Madrazo; R. Iglesias Veiga (2018). IES Pino Manso do Porriño. 1966-2016. 50 anos de ilusións.
Recensión de libro: L. López Ocón; V. Guijarro; M. Pedrazuela (eds.) (2018). Aulas abiertas. Profesores viajeros y renovación de la enseñanza secundaria en los países ibéricos (1900-1936).
Recensión de libro: Ernesto Candeias Martins (2018). As Infâncias na História Social da Educação. Fronteiras e Interceções Sócio-Históricas.
O foco do meu presente estudo incide no Centro Helen Keller, uma escola privada portuguesa fundada em 1955 com o objetivo de integrar alunos com diversas características de visão, nomeadamente crianças cegas, com baixa visão e normovisuais. Integrada num parque natural de Lisboa com 1012 hectares, esta escola dispõe de uma situação privilegiada para assimilar a natureza na sua potência de educação e convívio a tão diverso corpo discente. Do ponto de vista neurológico, a diversidade sensorial presente é assim desenvolvida pela variedade de estímulos existentes na natureza envolvente, disponíveis para aproveitamento de aprendizagem é o meu principal interesse, para tal acompanhando a história e circunstâncias desta escola integrada, de inspiração Freinet, até aos nossos dias, em que valores como a Ecologia são parte do seu quotidiano.
Este artigo analiza a aparición dos campamentos xuvenís, un dos novos mecanismos de intervención pedagóxica non formal, nos cales se plasmaron os cambios do rol social experimentado pola mocidade nas sociedades europeas durante as primeiras décadas do século XX. Aínda que o contacto coa natureza resultaba innovador, houbo diversos modelos de aplicación con orientación dispar. Este traballo céntrase nas dúas máis relevantes que se deron na España da primeira metade do século XX. O primeiro posto en marcha polos Exploradores de España, a organización que introduciu o escultismo no noso país. O segundo exposto pola Fronte de Mocidades, a entidade responsable da política de mocidade durante o franquismo. Tras un estudo dos seus principais características e do discurso en que se sustentaban, concluímos que o primeiro desenvolveu un programa formativo coa natureza, no cal se poden identificar interesantes elementos conservacionistas, mentres que na proposta falanxista, o campamento foi máis ben un medio na natureza para inculcar o ideario nacional-sindicalista.
As escolas da floresta são um modelo de educação infantil criado no norte da Europa e que vêm ganhando adeptos ao redor do mundo. Na Espanha, começou a ser desenvolvido em projetos autônomos desde a última década e rapidamente multiplicou-se no país, sendo uma importante fonte de discussões a respeito da relação entre educação e natureza, aprendizagem ao ar livre e inovação educativa para a educação da primeira infância. Este artigo apresenta a contextualização histórica a partir do qual as escolas da floresta modernas foram criadas, a partir da década de 1950, bem como o contexto espanhol cujas condições permitiram que esse modelo venha se desenvolvendo rapidamente e ganhando adesão de diferentes setores da sociedade. Resgata marcos históricos das pedagogias ativas europeias e as escolas ao ar livre do século XX, bem como dos antecedentes espanhóis, como Giner de los Ríos, a Institución de Libre Enseñanza e as escolas bosque.
No contexto do movemento de escolar ao aire libre que emerxiu en Europa e noutras partes do mundo nos primeiros anos do século XX, este artigo explora a primeira escola ao aire libre establecida en Italia na cidade de Padua. Abórdanse entre outras cuestions o aspecto contextual, os máis destacados animadores, os seus métodos de ensino e como estas escolas interaccionaron coa cultura escolar do seu tempo.
Este estudo persegue aproximarnos á historia presente partindo do auxe actual das pedagoxías alternativas na educación infantil, potenciando a súa divulgación. Con esta intención, realizouse unha revisión bibliográfica sobre varios proxectos innovadores (Waldorf, Amara Berri, Reggio Emilia, Centros democráticos, Educación no fogar…), a cal se centrou en como evolucionou a educación na natureza ao longo dos anos e as súas particularidades. Xusto despois a investigación virou arredor de dúas escolas galegas ao aire libre (Nenea, medrar creando e Amadahi), afondando nos seus espazos, na súa organización temporal, nas actividades primordiais, nos materiais dispoñibles e nas relacións establecidas nelas mediante observacións e cuestionarios realizados ás mestras co fin de coñecelas máis polo miúdo.
Neste estudo faise unha revisión de tres correntes actuais que poden transformar a forma de traballar nos centros de educación primaria. Correntes metodolóxicas que se afastan das convencionais, pero que en absoluto son de recente creación, senón que xa levan varias décadas sendo estudadas tal e como se plasma na literatura. Afondaremos, así, nas actividades na natureza, na aprendizaxe experiencial e no traballo cooperativo, desde unha perspectiva teórica. Do mesmo xeito, analizaremos o currículo da educación primaria co fin de ver se teñen cabida nos programas educativos actuais.
O presente traballo propón unha análise da filosofía do Ben Vivir como unha alternativa ao paradigma da vida contemporánea, que pasa por un distanciamento do ser humano en relación á natureza, centrado no uso abusivo da mesma. Non é só unha crítica ao sistema capitalista e a cultura occidental, que se pretenden universais, senón tamén unha reflexión sobre as posibilidades que diferentes modos de vida xa existentes poden ofrecer, como os dos pobos indíxenas, que inspiran o Ben Vivir e convídannos a pensar en novos sistemas de vida e relacións, máis orientados para o respecto, a xustiza, a solidaridade e a paz. A posibilidade do Ben Vivir só pode ser conquistada a través dun novo sistema de educación, que debe abandonar a súa doutrina unificadora para facerse crítica e liberadora. Para xustificar esa proposta, unha análise do proxecto educacional «Escolas de Ben Vivir» de Ecuador é presentada para mostrar que o Ben Vivir non é algo irrealizable, se non posible.