Contido principal do artigo

María Noelia Díaz Portillo
Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (USC)
España
https://orcid.org/0000-0002-0756-1404
Eugenio Manuel Otero Urtaza
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0002-1697-418X
Vol. 22 (2018), Monografía. Natureza e educación, páxinas 79-97
DOI https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5475
Recibido: Jul 4, 2019 Publicado: Jul 5, 2019
Copyright Como citar

Resumo

Este estudo persegue aproximarnos á historia presente partindo do auxe actual das pedagoxías alternativas na educación infantil, potenciando a súa divulgación. Con esta intención, realizouse unha revisión bibliográfica sobre varios proxectos innovadores (Waldorf, Amara Berri, Reggio Emilia, Centros democráticos, Educación no fogar…), a cal se centrou en como evolucionou a educación na natureza ao longo dos anos e as súas particularidades. Xusto despois a investigación virou arredor de dúas escolas galegas ao aire libre (Nenea, medrar creando e Amadahi), afondando nos seus espazos, na súa organización temporal, nas actividades primordiais, nos materiais dispoñibles e nas relacións establecidas nelas mediante observacións e cuestionarios realizados ás mestras co fin de coñecelas máis polo miúdo.

Detalles do artigo