Herminio Barreiro: A Educación é o camiño da liberdade
Castelao criticaba o sistema de ensino existente en Galiza polo seu carácter imperialista, e defendía, con criterios políticos e pedagóxicos, a necesidade de que incorporase a cultura e a lingua galegas. Mentres este proposito non se conseguía, os galeguistas, encabezados por Castelao, convertéronse en educadores da nación.
O Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923, constituiuse en importante plataforma cultural galeguista, entre os anos 1928 a 1936, momento no que foi clausurado polas novas autoridades franquistas. Con máis de 170 socios activos, o SEG abriu diversas parcelas de estudo da realidade social, histórica, económica, e cultural de Galicia, o que se expresou nalgúns moi notables traballos de investigación, en xeiras de difusión cultural, no intercambio científico e de información con entidades académicas españolas e internacionais e na edición de libros. No SEG participaron algúns profesores atentos á problemática educativa de Galicia, e a través da Sección de Pedagogía, desde 1933, desenvolveron varias iniciativas. É o que se analiza na presente contribución, situando as súas achegas, tanto no panorama das demandas de reforma educativa española, como no contexto das orientacións educativas trazadas pola corrente ideolóxica do galeguismo. A Sección poderia ter sido um Laboratório de pensamento educativo, pero de facto non chegou a selo, e procúranse aqui as oportunas explicacións.
Neste traballo trátase a galeguización do ensino superior no período correspondente ao primeiro terzo do século XX. Un problema polo que loitaron intensamente os galeguistas preocupados por axeitar o ensino, especialmente o universitario, á realidade peculiar do seu país. Baixo unha perspectiva innovadora e renovadora para a época abórdanse posturas en demanda non só do uso do idioma galego, senón tamén da introdución de diversos contidos curriculares, ben como disciplinas novas a considerar nos planos de estudos, ben como temas a tratar dentro das materias cursadas, así como a solicitude de novas titulacións para a Universidade compostelá que evitarían, entre outros males, o desprazamento de estudantes cara a outras provincias foráneas. Estamos, pois, ante un conxunto de actuacións educativas necesarias para o desenvolvemento dunha ciencia e dunha cultura co principal obxectivo de coñecer para poder transformar de forma integral a realidade galega nun contexto social escasamente desenvolvido, disperso en pequenos núcleos de poboación e sangrado pola emigración.
Neste traballo analízase a traxectoria vital e profesional de Veneranda García Manzano. Os seus inicios como mestra, a súa participación na vida política e o seu posterior exilio. Protagonista como tantos outros dun tempo de ilusión, personifica, de maneira moi axustada, a realidade dunha España que non chegou a fraguar. É, en definitiva, a crónica da historia vivida por unha mestra no primeiro terzo do século XX en España, pero sobre todo no tempo da Segunda República española.
O proxecto gironiano de Universidade orientado á clase obreira ten os seus referentes institucionais e docentes na Universidade de Traballo belga, fundada en 1903, e nos Institutos Laborais españois, xurdidos na posguerra. O obxectivo era crear as Universidades do pobo, dos pobres, da clase obreira, verdadeiros monumentos ao traballo que servisen ademais de propaganda da política social da ditadura franquista. Significaron o medio de promoción social da clase traballadora, o que Girón de Velasco denominou a “previsión social ofensiva”, mediante o acceso a un posto laboral de certa categoría profesional que lles devolvese a moral ao traballo e afastáselles da loita de clases.
A través da pluma e da vida da pensadora coruñesa, Emilia Pardo Bazán, desvélanse as súas grandes contribucións no eido da educación das mulleres. O obxectivo principal deste estudo é facer un breve percorrido por unha das máis discutidas propostas esbozadas pola autora: un modelo educativo que ten por finalidade facilitar un proxecto de vida autónomo para as mulleres, baseado na igualdade sexual, moral, intelectual e social.
Unos meses atrás X.L. Méndez Ferrín dedicó dos de sus Espellos, y algunas líneas de un tercero, a discutir un trabajo mío sobre la procedencia del Gran Gallego, publicado en Sarmiento. Anuario de Historia da Educación. A los pocos días de salir el último artículo yo envié un escrito de aclaraciones al periódico, y por medio de éste al autor. Nada contestaron, ni tampoco publicaron mi escrito, por lo que un par de semanas después lo remití de nuevo. Tampoco tuve respuesta, ni del periódico ni de Méndez Ferrín. Esta es una versión aligerada de aquel escrito, que remitida de nuevo por si el Faro de Vigo consideraba una buena fecha el día 9 de marzo, fecha del nacimiento de Martín Sarmiento, tampoco fue atendida.
Unha ducia de cartas de Manuel B. Cossío a Francisco Giner dende San Victorio (Bergondo- A Coruña). Nadal de 1895.
Novas relativas á educación en de Galicia e mais alá
Rogério Fernándes: cidadán e historiador da educación (1933-2010)
A História da Educação em Portugal, 2009-2010
Novas: O espazo histórico-educativo lusobrasileiro (Subsección para Brasil)
DOMÍNGUEZ GARCÍA, J. M. (2010), Cátedras de Gramática y Educación en Galicia, Siglos XVI y XVII
COSTA RICO, A. (2010): D’abord les enfants. Freinet y la educación en España (1926-1975).
CARIDE GÓMEZ, J. A., TRILLO ALONSO, F. (Dirs.) (2010), Diccionario Galego de Pedagoxía
CUESTA, R., MOLPECERES, A. (2010), Retazos, memorias y relatos del Bachillerato. El Instituto Fray Luis de León de Salamanca (1931-2009)
RUIZ BERRIO, J. [Ed.]: El patrimonio histórico-educativo. Su conservación y estudio
VERGARA, J. (2010), La educación política en la Edad Media: el *Tractatus de Morali Principis Institutione* de Vicente de Beauvais (1262/63). Una apuesta prehumanista de la política
GONZÁLEZ-AGÁPITO, J. (ed.) (2009), Escoltisme, autoformació i ciutadania activa. Un balanç de cara al futur
NEGRÍN FAJARDO, Olegario, Memoria histórica y educación en Canarias (1936-1942). Depuración y represión del Magisterio en la provincia de Las Palmas
SANCHIDRIAN, C., RUIZ BERRIO, J.(coords.) (2010), Historia y perspectiva actual de la educación infantil
MAINER BAQUÉ, J. (2009), La forja de un campo profesional. Pedagogía y didáctica de las Ciencias Sociales en España (1900-1970)/ MAINER BAQUÉ, J. (2009), Inventores de sueños. Diccionario bioprofresional de pedagogos y didáctas de Geografía e Historia hacia 1936,
de Gabriel, Narciso (2010), Elisa y Marcela. Más allá de los hombres