O problema da galeguización do ensino superior na Galicia da preguerra

Autoras/es

  • Xosé Fernández Fernández Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.17979/srgphe.2010.14.0.4175

Palabras clave:

universidade, galeguización, titulacions, reivindicacións, autonomía, realidade social, profesor foráneo, bilingüismo, disciplinas

Resumo

Neste traballo trátase a galeguización do ensino superior no período correspondente ao primeiro terzo do século XX. Un problema polo que loitaron intensamente os galeguistas preocupados por axeitar o ensino, especialmente o universitario, á realidade peculiar do seu país. Baixo unha perspectiva innovadora e renovadora para a época abórdanse posturas en demanda non só do uso do idioma galego, senón tamén da introdución de diversos contidos curriculares, ben como disciplinas novas a considerar nos planos de estudos, ben como temas a tratar dentro das materias cursadas, así como a solicitude de novas titulacións para a Universidade compostelá que evitarían, entre outros males, o desprazamento de estudantes cara a outras provincias foráneas. Estamos, pois, ante un conxunto de actuacións educativas necesarias para o desenvolvemento dunha ciencia e dunha cultura co principal obxectivo de coñecer para poder transformar de forma integral a realidade galega nun contexto social escasamente desenvolvido, disperso en pequenos núcleos de poboación e sangrado pola emigración.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

##submission.downloads##

Publicada

2010-09-10

Como citar

Fernández Fernández, X. (2010). O problema da galeguización do ensino superior na Galicia da preguerra. Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 14, 51–65. https://doi.org/10.17979/srgphe.2010.14.0.4175

Número

Sección

Monografía: educación e galeguismo