Os servizos de orientación na educación infantil e primaria en Galicia: xénese, implantación e evolución
Contido principal do artigo
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 11: NECESSIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, Páxinas 113-116
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.1159
Recibido: 12-07-2015
Publicado: 11-12-2015
Resumo
Nesta comunicación analizase o sistema de orientación na educación infantil e primaria en Galicia partindo dos motivos que están na orixe, dos seus trazos diferenciais, caracterízase o proceso de implantación e a súa evolución. Os datos proceden dunhna investigación que, usando entrevistas a expertos, tivo acceso a testemuña dos responsables políticos que tomaron decisións sobre o deseño, posta en marcha e evolución do sistema de orientación. Os resultados evidencian que o motivo principal que explica a proposta é a promoción dunha orientación esencialmente educativa, preventiva e integrada na actividade do centro para o que era imprescindible a creación de servizos internos de orientación. O proceso de implantación da rede de servizos foi demorada e precaria, o que se manifestou na tardanza en completar a rede de servizos de orientación, na desproporcionada ratio de centros e alumnado por departamento de orientación e na adscricion ós departamentos de orietnación dos centros de secundaria de centros de infantil e primaria. A partir de 2008 creanse os departamentos de orientación compartidos, o que supuxo un notable incremento do número de departamentos de orientación nos centros. Nos últimos anos, a política de axuste presupuestario en materia de educación e asuntos sociais está a influir negativamente en condiciones chaves para a realización axeitada da orientación, poñendo en entredito as potencialidades do modelo orixinal.
Downloads
Os dados de download ainda não estão disponíveis.
