Contenido principal del artículo

Ana Parada-Gañete
Universidad de Santiago de Compostela
España
Biografía
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 11: NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIALES, Páginas 020-023
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.221
Recibido: abr. 28, 2015 Aceptado: ago. 18, 2015 Publicado: dic. 11, 2015
Cómo citar

Resumen

O proxecto de investigación que presentamos versa sobre a relación entre a familia e a escola. Concretamente ten como obxectivos fundamentais coñecer, explicar e comprender a natureza das relación familia - escola do alumnado con Dificultades de Aprendizaxe (Learning Disabilities); ademais de identificar os problemas e as eivas desa relación, explicar a súa xénese, comprender as actuacións dos directamente implicados (singularmente as das familias e as dos profesores) e atopar criterios e estratexias para contribuír ao seu mellor desenvolvemento. O noso obxecto de estudo constitúe un problema educativo que afecta ás relación que manteñen entre si milleiros de persoas envolvidas nos procesos de escolarización. A necesidade dunha boa comunicación entre elas, que asegure a imprescindible colaboración que se require para desenvolver un proxecto educativo que ou é compartido ou non é educativo, revelase como unha tarefa constantemente pendente para cada nova xeración. Mediante unha investigación descritiva e interpretativa intentaremos coñecer e comprender as percepcións da familia e da escola sobre a relación que manteñen, a explicación que dan ambos axentes ás dificultades de aprendizaxe do alumnado e cales son as medidas que poñen en marcha, familia e escola, para atender as necesidades do mesmos. En relación á previsión de resultados da nosa investigación esperamos encontrar que as familias do alumnado con Dificultades de Aprendizaxe están máis implicadas na escolarización dos seus fillos. Sendo así, como esta implicación é por definición desexable para facer efectiva a colaboración entre a familia e a escola, o que pretendemos con este proxecto de investigación é aprender da experiencia (dos valores, actitudes e condutas) que desenvolven esas familias para, non soamente sistematizar orientacións precisas en orde a fundamentar a relación entre este tipo peculiar de familias coa escola e viceversa, senón para estendelas con carácter xeral ao conxunto de familias con fillos escolarizados. En definitiva, esperamos atopar evidencias de boas prácticas educativas no canto das relacións entre a familia e a escola, sendo estas as que se levan a cabo entre as familias de alumnos máis vulnerables, para poder explicar e describir modelos de actuacións ao alcance de toda a comunidade educativa que favorezan a relación familia - escola e, como consecuencia, a escola inclusiva e o desenvolvemento integral dos individuos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo