Relación familia-escola: caso concreto do alumnado con Dificultades de Aprendizaje
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.221Palavras-chave:
relación familia-escola, dificultades de aprendizaxe, cooperación e colaboración familia-escolaResumo
O proxecto de investigación que presentamos versa sobre a relación entre a familia e a escola. Concretamente ten como obxectivos fundamentais coñecer, explicar e comprender a natureza das relación familia - escola do alumnado con Dificultades de Aprendizaxe (Learning Disabilities); ademais de identificar os problemas e as eivas desa relación, explicar a súa xénese, comprender as actuacións dos directamente implicados (singularmente as das familias e as dos profesores) e atopar criterios e estratexias para contribuír ao seu mellor desenvolvemento. O noso obxecto de estudo constitúe un problema educativo que afecta ás relación que manteñen entre si milleiros de persoas envolvidas nos procesos de escolarización. A necesidade dunha boa comunicación entre elas, que asegure a imprescindible colaboración que se require para desenvolver un proxecto educativo que ou é compartido ou non é educativo, revelase como unha tarefa constantemente pendente para cada nova xeración. Mediante unha investigación descritiva e interpretativa intentaremos coñecer e comprender as percepcións da familia e da escola sobre a relación que manteñen, a explicación que dan ambos axentes ás dificultades de aprendizaxe do alumnado e cales son as medidas que poñen en marcha, familia e escola, para atender as necesidades do mesmos. En relación á previsión de resultados da nosa investigación esperamos encontrar que as familias do alumnado con Dificultades de Aprendizaxe están máis implicadas na escolarización dos seus fillos. Sendo así, como esta implicación é por definición desexable para facer efectiva a colaboración entre a familia e a escola, o que pretendemos con este proxecto de investigación é aprender da experiencia (dos valores, actitudes e condutas) que desenvolven esas familias para, non soamente sistematizar orientacións precisas en orde a fundamentar a relación entre este tipo peculiar de familias coa escola e viceversa, senón para estendelas con carácter xeral ao conxunto de familias con fillos escolarizados. En definitiva, esperamos atopar evidencias de boas prácticas educativas no canto das relacións entre a familia e a escola, sendo estas as que se levan a cabo entre as familias de alumnos máis vulnerables, para poder explicar e describir modelos de actuacións ao alcance de toda a comunidade educativa que favorezan a relación familia - escola e, como consecuencia, a escola inclusiva e o desenvolvemento integral dos individuos.Downloads
##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##
##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles## Indisp.
##plugins.generic.pfl.authorStatements##
##plugins.generic.pfl.indexedIn##
-
##plugins.generic.pfl.indexedList##
- ##plugins.generic.pfl.academicSociety##
- Indisp.
- ##plugins.generic.pfl.publisher##
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Downloads
Publicado
Como Citar
Edição
Secção
Licença
Os artigos publicados nesta Revista están licenciados com uma Licença Creative Commons Atribuição-CompartilhaIgual 4.0 Internacional.
Os/As autores/as são os titulares dos direitos de exploração (copyright) da sua obra, mas cedem o direito de primeira publicação à Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, que poderá publicar em qualquer língua e suporte, divulgar e distribuir o seu conteúdo total ou parcial por todos os meios tecnologicamente disponíveis e através de repositórios.
Permite-se e anima-se os/as autores/as a difundir os artigos aceites para publicação nos site pessoais ou institucionais, antes e após publicação, sempre que se indique claramente que o trabalho é publicado nesta revista e se proporcionem todos os elementos da referenciação bibliográfica junto com o acesso ao documento, preferencialmente através do DOI (caso seja indispensável usar um pdf, a versão final formatada pela Revista deve ser usada). No caso de artigos provenientes de estudos ou projectos financiados, tal será feito dentro dos prazos e condições estabelecidos pelo(s) organismo(s) financiadores da investigação publicada.