A musicoterapia como instrumento para mellorar a comunicación de persoas con diversidade funcional
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.209Palabras clave:
Musicoterapia, diversidade funcional, comunicación, desenvolvementoResumen
A sensibilidade musical é un trazo innato que implica numerosas rexións cerebrais na percepción dos estímulos musicais e a súa elaboración nas emocións que provoca. Á vez a música é integradora en todos os seus aspectos: engloba todos os sentidos, aúna corpo e mente, e fusiona o interior da persoa coa súa contorna. Por iso é a música un instrumento idóneo para proporcionar un ambiente rico e controlado en estímulos, achegando unha experiencia sensorial que favorece o desenvolvemento emocional, psíquico, fisiolóxico e social equilibrado. No caso das persoas con diversidade funcional axuda a fortalecer as súas potencialidades e suplir as posibles carencias empregándose como instrumento que motiva e dinamiza, creando un ambiente de seguridade e confianza que posibilita o desenvolvemento persoal completo e pleno. Desde a Asociación DISMACOR se aposta pola tarefa de educar ás persoas con diversidade funcional no mundo no que viven e ao que teñen que adaptarse; tendo en conta que das posibilidades que teñan e as que lles proporcione a sociedade, dependerá a súa inclusión e o seu desenvolvemento como persoas autónomas e independentes. No presente traballo selecciónase unha mostra de nenos e nenas con diversidade funcional intelectual que presenta carencias en relación coa socialización e comunicación, áreas onde a Musicoterapia actúa de forma especial. Algúns dos obxectivos do traballo son: Mellorar as relacións interpersoais, compensar os problemas de incomunicación, desenvolver as facultades psicomotoras , autoestima, a creatividade... Elaboramos un cuestionario de satisfacción ad hoc para as familias participantes como indicador para a súa avaluación, que consta de 18 preguntas. O cuestionario entregase aos familiares/cuidadores ao finalizar o programa. Ademáis empregase a Historia Musical e un Rexistro de condutas observadas (musicais, sociais, comunicativas, afectivas, cognitivas e motoras). Emprégase un programa de intervención grupal mediante o que se traballan aqueles aspectos onde se detectan maiores necesidades de apoio, para efectuar posteriormente unha avaliación final da mostra. Con este programa producen melloras na calidade de vida deste grupo proporcionándolles apoios que lles permitan potenciar as súas habilidades comunicativas, sociais... nun ambiente que propicia a normalización e estimulación de condutas autodeterminadas. Os resultados mostran como este tipo de intervencións melloran a comunicación e desenvolvemento xeral das persoas con diversidade funcional participantes. Pódese concluir dicindo que este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.Descargas
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Los trabajos publicados en esta revista están bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Los/as autores/as son los titulares de los derechos de explotación (copyright) de su trabajo, pero ceden el derecho de la primera publicación a la Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, la cual podrá publicar en cualquier lengua y soporte, divulgar y distribuir su contenido total o parcial por todos los medios tecnológicamente disponibles y a través de repositorios.
Se permite y anima a los/as autores/as a difundir los artículos aceptados para su publicación en los sitios web personales o institucionales, antes y después de su publicación, siempre que se indique claramente que el trabajo está en esta revista y se proporcionen los datos bibliográficos completos junto con el acceso al documento, preferiblemente mediante el DOI (en caso de que sea imprescindible utilizar un pdf, debe emplearse la versión final maquetada por la Revista). En el caso de artículos que provengan de estudios o proyectos financiados, esto se hará en los plazos y términos establecidos por la entidad o entidades financiadoras de la investigación publicada.