Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación é unha revista de periodicidade anual editada polas universidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. Publícase como Sarmiento. Anuario galego de historia da educación ata o seu volume 20 (2016), e adopta o seu nome actual en 2017. Os traballos que recolle céntranse en calquera aspecto da historia da educación en Galicia e Portugal, pero tamén acepta outros de ámbito xeográfico máis amplo (España, O mundo lusófomo, Europa e outros) con enfoques (históricos, económicos, sociolóxicos etc.) que axuden a coñecer e comprender mellor a educación.
Último número
Vol. 25 (2021)
Pegadas e influencias da Ligue Internationale pour L'Éducation Nouvelle no espazo ibérico e brasileiro (1921-2021)
Neste número que celebra os 25 anos de Sarmiento presentamos un achegamento aos aspectos históricos e conceptuais máis relevantes do movemento internacional da Educación Nova; tamén se analizan as súas influencias e o desenvolvemento da investigación educativa, especialmente aquela que ten relación con España, Portugal e Brasil. A parte monográfica do número ten sido coordinada polos profesores Antón Costa Rico (Universidade de Santiago de Compostela) e Luis A. Marques Alves (Universidade do Porto)
Publicados: 2021-07-19