Libro-Catálogo da Exposición Educación, Xénero e Lectura
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2024.28.1.11733Palabras clave:
educación, xénero, lectura, libro-catálogo, exposiciónResumo
O Libro-Catálogo da Exposición Educación, Xénero e Lectura, efectúa un percorrido que nutre e condensa a memoria da visita á exposición temporal que foi acollida dende o 26 de maio do 2023 no Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA), comisariada pola profesora Rita Gradaílle Pernas e o profesor Antón Costa Rico, ambos membros do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela. Unha mostra que amosa realidades, imaxes e representacións que nos trasladan desde mediados do século XIX ata a actualidade nun escenario de estereotipos e de discriminacións, mais tamén de dinámicas, de procesos de loita e de conquistas transformadoras, que trazaron modos de ensinar e de aprender en clave de xénero, poñendo énfase en particular no rol asignado ás mulleres.
Descargas
