Contido principal do artigo

Pilar Anta
UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
Vol. Extr., núm. 13 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 13: TECNOLOGIAS E COMUNICAÇÃO EDUCATIVA, Páxinas 024-027
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.13.244
Recibido: abr. 29, 2015 Aceito: ago. 20, 2015 Publicado: dez. 15, 2015
Como Citar

Resumo

A presente comunicación forma parte dun traballo de investigación máis amplo enmarcado na metodoloxía cualitativa. En concreto é un estudo de caso levado a cabo nun centro de ensino secundario da área metropolitana da provincia de A Coruña, que podemos considerar coma un caso único holístico, xa que partindo da realidade dun único centro atendemos a diversas unidades de análise: organizativo, didáctico, curricular e metodolóxico, ao tempo que se trata dun estudo descritivo e explicativo, xa que pretende describir a situación do instituto, pero tamén busca coñecer o efecto da incorporación das TIC en toda a vida académica. O obxectivo principal era tratar de coñecer como influíu a implantación das TIC en distintos aspectos relacionados co centro e analizar as razóns das modificacións que se produciron. Escolleuse este centro en concreto porque está inmerso nun proceso de renovación pedagóxica desde o curso 2003/04 en virtude da súa participación nun proxecto de innovación financiado por unha Fundación Privada. O que pretendemos neste momento é amosar os achados en relación aos aspectos didácticos, é dicir, describir como a incorporación das TIC mudou as metodoloxías empregadas na aula e contrastar estas coas empregadas tradicionalmente polos docentes do centro. Dentro da investigación as técnicas empregadas para a recollida de datos foron as entrevistas e a análise de documentos. A selección dos participantes fíxose de xeito que houbese representantes nos ámbitos que nos interesaba estudar: Así, entrevistamos ao director no momento de incorporación do Centro á experiencia, a un dos profesores máis implicados no mesmo e que emprega a cotío as novas tecnoloxías na aula, e ao alumnado de segundo de bacharelato con ampla experiencia no Proxecto. Como conclusións máis destacables no campo da didáctica sinalar que apreciamos unha clara concienciación na necesidade dun cambio de rol no docente que está a engadir novos instrumentos á súa práctica diaria, pero que aínda así perpetúa o modelo de profesor transmisor de información, non supoñendo así as TIC unha modificación substancial da metodoloxía empregada nas aulas.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Detalles do artigo