Programas de conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia

Autores

  • Laura Varela-Crespo Universidade de Santiago de Compostela
  • Mª Esther Martínez-Figueira
  • Héctor M. Pose-Porto

DOI:

https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.05.439

Palavras-chave:

conciliación, familia, infancia, municipio

Resumo

O traballo que se presenta forma parte do proxecto de investigación denominado “A conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia: problemáticas específicas e alternativas pedagóxico-sociais e prácticas de lecer nas escolas, familias e comunidades (CONCILIA_D@S)”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria de Emerxentes (2014-PG004). A finalidade principal do proxecto é coñecer e analizar como se organizan os tempos cotiáns da infancia en Galicia atendendo a diferentes tipoloxías familiares, coas diferentes circunstancias que nelas concorren: estrutura do hábitat (rural e urbano), tempos escolares (calendarios e horarios lectivos) e actividades de lecer. No marco dunha metodoloxía integradora que fai uso de diversas estratexias e procesos de indagación (cuantitativos e cualitativos) tanto na recollida de datos como na interpretación da información, proponse o estudo de casos e identificación de boas prácticas na conciliación dos tempos, así como en iniciativas de Educación do Lecer nos ámbitos rurais e urbanos. En concreto, este traballo céntrase na identificación de boas prácticas -entendidas como experiencias exemplares que orientan a acción socioeducativa e son susceptibles de ser transferidas e implementadas noutros contextos con obxectivos semellantes- vinculadas á conciliación dos tempos familiares, laborais e escolares e que posibilitan novas opcións para un desenvolvemento máis integral da infancia, especialmente nos planos formativo e lúdico-recreativo. A análise toma como referencia o protagonismo que teñen -tanto no rural como no urbano- as Administracións Locais de Galicia e a súa potencial incidencia na oferta e desenvolvemento de servizos e programas que garantan a conciliación dos tempos e o benestar da infancia, especialmente nos tempos extraescolares e nos períodos de vacacións. Entre os criterios empregados para a selección das boas prácticas destacan: a permanencia, a innovación e a transferibilidade. Por último, se sinalan os aspectos converxentes das iniciativas presentadas, o seu influxo no benestar infantil e algunhas recomendacións de carácter pedagóxico-social derivadas do estudo das actuacións que os municipios están a poñer en marcha para favorecer a conciliación nos seus territorios.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##

Metric
##plugins.generic.pfl.thisArticle##
##plugins.generic.pfl.otherArticles##
##plugins.generic.pfl.peerReviewers## 
##plugins.generic.pfl.numPeerReviewers##
##plugins.generic.pfl.averagePeerReviewers##

##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles##  Indisp.

##plugins.generic.pfl.authorStatements##

##plugins.generic.pfl.authorStatements##
##plugins.generic.pfl.thisArticle##
##plugins.generic.pfl.otherArticles##
##plugins.generic.pfl.dataAvailability## 
##plugins.generic.pfl.dataAvailability.unsupported##
##plugins.generic.pfl.averagePercentYes##
##plugins.generic.pfl.funders## 
Indisp.
##plugins.generic.pfl.numHaveFunders##
##plugins.generic.pfl.competingInterests## 
Indisp.
##plugins.generic.pfl.averagePercentYes##
Metric
##plugins.generic.pfl.forThisJournal##
##plugins.generic.pfl.otherJournals##
##plugins.generic.pfl.articlesAccepted## 
##plugins.generic.pfl.numArticlesAccepted##
##plugins.generic.pfl.numArticlesAcceptedShort##
##plugins.generic.pfl.daysToPublication## 
##plugins.generic.pfl.numDaysToPublication##
145

##plugins.generic.pfl.indexedIn##

    ##plugins.generic.pfl.indexedList##
##plugins.generic.pfl.editorAndBoard##
##plugins.generic.pfl.profiles##
##plugins.generic.pfl.academicSociety## 
Indisp.
##plugins.generic.pfl.publisher## 
Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións

Biografia Autor

Laura Varela-Crespo, Universidade de Santiago de Compostela

Deprtamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social

Publicado

21-10-2015

Como Citar

Varela-Crespo, L., Martínez-Figueira, M. E., & Pose-Porto, H. M. (2015). Programas de conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia. Revista De Estudios E Investigación En Psicología Y Educación, (05), 117–121. https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.05.439

Edição

Secção

XIII Congreso Psicopedagogia. Área 5: FAMÍLIA, ESCOLA E COMUNIDADE