Perfil profesional das mulleres no sector financeiro de Galicia
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.03.386Palavras-chave:
gender, professionalprofile, financial sectorResumo
O papel social desenvolvido polas mulleres na sociedade actual é ben distinto ao protagonizado en tempos pasados (Echebarría e Larrañaga, 2004). O seu acceso á educación conseguiuse de forma xeneralizada e a súa participación no mercado de traballo aumentou de xeito significativo nas últimas décadas. Sen embargo, o ámbito laboral segue a caracterizarse por un importante androcentrismo (Barberá, 2000) e por manter unha estrutura xerárquica característica das relacións de xénero das sociedades patriarcais. A igualdade de oportunidades entre os sexos quedou legalmente establecida, pero persiste a desigualdade de condicións, marcada polos costumes sociais e culturais, desigualdades que afectan principalmente aos roles que mulleres e homes elixen na profesión e na familia, e á posición que unhas e outros ocupan dentro dunha mesma organización, en relación co poder (Osca e López-Sáez, 2003). Estes aspectos centran a investigación, que abordou, sobre todo, a masculinización dos postos de dirección como un síntoma máis da discriminación que sofren as mulleres na súa traxectoria profesional. O estudo descritivo realizado permite coñecer a situación real das mulleres dentro do sector financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia. A mostra obxecto de estudo estivo formada por 979 empregadas/os de banca (39% mulleres e 61% homes), dun total de 226 oficinas bancarias situadas en Galicia. Ademais da posición das mulleres dentro da organización realizouse unha definición do seu perfil a través dunha análise de variables persoais (idade, nivel de estudos, ...) e profesionais (cargo, categoría, antigüidade, número de persoas que dirixe, ...). Tras a análise da información recollida pódese concluír que as mulleres e os homes comparten un mesmo espazo laboral, pero non o fan de forma equitativa: das 226 oficinas analizadas só o 15% están xestionadas por mulleres fronte ao 85% dirixidas por homes, ademais as mulleres necesitan maior formación e máis tempo que os homes para alcanzar un posto de responsabilidade.Downloads
Downloads
Publicado
Como Citar
Edição
Secção
Licença
Os artigos publicados nesta Revista están licenciados com uma Licença Creative Commons Atribuição-CompartilhaIgual 4.0 Internacional.
Os/As autores/as são os titulares dos direitos de exploração (copyright) da sua obra, mas cedem o direito de primeira publicação à Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, que poderá publicar em qualquer língua e suporte, divulgar e distribuir o seu conteúdo total ou parcial por todos os meios tecnologicamente disponíveis e através de repositórios.
Permite-se e anima-se os/as autores/as a difundir os artigos aceites para publicação nos site pessoais ou institucionais, antes e após publicação, sempre que se indique claramente que o trabalho é publicado nesta revista e se proporcionem todos os elementos da referenciação bibliográfica junto com o acesso ao documento, preferencialmente através do DOI (caso seja indispensável usar um pdf, a versão final formatada pela Revista deve ser usada). No caso de artigos provenientes de estudos ou projectos financiados, tal será feito dentro dos prazos e condições estabelecidos pelo(s) organismo(s) financiadores da investigação publicada.