Perfil profesional das mulleres no sector financeiro de Galicia

Autores/as

  • María Dolores Castro-Pais Universidade de Santiago de Compostela
  • Ana María Porto-Castro Universidade de Santiago de Compostela
  • María Josefa Mosteiro-García Universidade de Santiago de Compostela

DOI:

https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.03.386

Palabras clave:

gender, professionalprofile, financial sector

Resumen

O papel social desenvolvido polas mulleres na sociedade actual é ben distinto ao protagonizado en tempos pasados (Echebarría e Larrañaga, 2004). O seu acceso á educación conseguiuse de forma xeneralizada e a súa participación no mercado de traballo aumentou de xeito significativo nas últimas décadas. Sen embargo, o ámbito laboral segue a caracterizarse por un importante androcentrismo (Barberá, 2000) e por manter unha estrutura xerárquica característica das relacións de xénero das sociedades patriarcais. A igualdade de oportunidades entre os sexos quedou legalmente establecida, pero persiste a desigualdade de condicións, marcada polos costumes sociais e culturais, desigualdades que afectan principalmente aos roles que mulleres e homes elixen na profesión e na familia, e á posición que unhas e outros ocupan dentro dunha mesma organización, en relación co poder (Osca e López-Sáez, 2003). Estes aspectos centran a investigación, que abordou, sobre todo, a masculinización dos postos de dirección como un síntoma máis da discriminación que sofren as mulleres na súa traxectoria profesional. O estudo descritivo realizado permite coñecer a situación real das mulleres dentro do sector financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia. A mostra obxecto de estudo estivo formada por 979 empregadas/os de banca (39% mulleres e 61% homes), dun total de 226 oficinas bancarias situadas en Galicia. Ademais da posición das mulleres dentro da organización realizouse unha definición do seu perfil a través dunha análise de variables persoais (idade, nivel de estudos, ...) e profesionais (cargo, categoría, antigüidade, número de persoas que dirixe, ...). Tras a análise da información recollida pódese concluír que as mulleres e os homes comparten un mesmo espazo laboral, pero non o fan de forma equitativa: das 226 oficinas analizadas só o 15% están xestionadas por mulleres fronte ao 85% dirixidas por homes, ademais as mulleres necesitan maior formación e máis tempo que os homes para alcanzar un posto de responsabilidade.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

21-10-2015

Cómo citar

Castro-Pais, M. D., Porto-Castro, A. M., & Mosteiro-García, M. J. (2015). Perfil profesional das mulleres no sector financeiro de Galicia. Revista De Estudios E Investigación En Psicología Y Educación, (03), 040–043. https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.03.386

Número

Sección

XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 3: DESARROLLO VOCACIONAL Y CARRERA

##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##

Metric
##plugins.generic.pfl.thisArticle##
##plugins.generic.pfl.otherArticles##
##plugins.generic.pfl.peerReviewers## 
2.4 promedio

##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles##  N/D

##plugins.generic.pfl.authorStatements##

##plugins.generic.pfl.authorStatements##
##plugins.generic.pfl.thisArticle##
##plugins.generic.pfl.otherArticles##
##plugins.generic.pfl.dataAvailability## 
##plugins.generic.pfl.dataAvailability.unsupported##
##plugins.generic.pfl.averagePercentYes##
##plugins.generic.pfl.funders## 
N/D
32% con financiadores
##plugins.generic.pfl.competingInterests## 
N/D
##plugins.generic.pfl.averagePercentYes##
Metric
Para esta revista
##plugins.generic.pfl.otherJournals##
##plugins.generic.pfl.articlesAccepted## 
Artículos aceptados: 45%
33% aceptado
##plugins.generic.pfl.daysToPublication## 
##plugins.generic.pfl.numDaysToPublication##
145

Indexado: {$indexList}

    ##plugins.generic.pfl.indexedList##
##plugins.generic.pfl.editorAndBoard##
##plugins.generic.pfl.profiles##
##plugins.generic.pfl.academicSociety## 
N/D
Editora: 
Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións