Contenido principal del artículo

Pilar Anta
UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
Vol. Extr., núm. 13 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 13: TECNOLOGÍAS Y COMUNICACIÓN EDUCATIVA, Páginas 028-032
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.13.246
Recibido: abr. 29, 2015 Aceptado: ago. 20, 2015 Publicado: dic. 15, 2015
Cómo citar

Resumen

Con esta comunicación pretendemos amosar os distintos factores que parecen influír nun centro de secundaria para a implantación dun proxecto de renovación pedagóxica a través do emprego das novas tecnoloxías. Para elo baseámonos nun traballo de investigación levado a cabo ao longo do curso 2013/2014 nun centro de secundaria, de titularidade pública, ubicado na área metropolitana de A Coruña e que está inmerso, desde 2003, nun proxecto experimental de renovación pedagóxica a través do emprego das TIC grazas a colaboración dunha Fundación Privada sen ánimo de lucro. Seguindo un enfoque cualitativo, enmarcado dentro dos estudos de caso, realizamos un estudo holístico e sistemático coa finalidade de dar unha visión de toda a realidade do centro a través da perspectiva de todos os axentes implicados, desde o equipo directivo ata os alumnos, sen esquecer aos docentes e confluíndo coa propia visión da investigadora, dentro do ambiente no que se moven. É dicir que o caso en si é o propio instituto. Os instrumentos empregados para a recollida de datos foron as entrevistas e a análise de documentos. Para isto realizouse unha selección de participantes de maneira que se viran reflectidos os distintos ámbitos da vida escolar. Así no nivel administrativo entrevistouse ao director do Centro no momento da incorporación ao Proxecto, a nivel metodolóxico participou un profesor con clara implicación na experiencia e que adoita empregar as novas tecnoloxías na súas clases e no referido ás aulas seleccionouse un grupo de catro alumnos de segundo de bacharelato con ampla experiencia. Unha vez recollida a información procedeuse á súa redución e organización a través do sistema de análise de contido seguindo un proceso sistemático de codificación e categorización que nos leva a realizar unha análise diacrónica na que establecemos tres fases: nacemento, desenvolvemento e transición. Por problemas de espazo, na presente comunicación, centrarémonos na fase de nacemento, da que obtivemos información relativa aos factores que axudaron a dar os primeiros pasos nesta experiencia así como os obstáculos cos que se atoparon os impulsores da mesma, para rematar cunha análise dos retos aos que se tiveron que enfrentar. Como principal conclusión podemos destacar a importancia dunha figura de liderado dentro do proceso, e o importante papel que xoga a experiencia previa dos docentes implicados xunto coa forma de afrontar o proceso de formación dos mesmos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo