Proposta de estimulación sensorial na contorna natural dun cativo con trastorno de espectro autista
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.302Palabras clave:
Trastornos de espectro autista, desorde sensorial, integración sensorial, intervención en contornas naturaisResumen
Os trastornos do espectro autista supoñen unha afectación nas competencias sociais, comunicativas e lingüísticas que provocan alteracións tanto psicolóxicas como condutuais na persoa e que varían considerablemente duns individuos a outros. Na maioría dos casos existe unha característica común e que se postula como un dos primeiros síntomas de diagnóstico en idades temperás, referímonos a existencia dunha desorde sensorial que lles ocasiona ás persoas con autismo grandes dificultades para poder adaptarse ao mundo que lles rodea e un continuo malestar no seu día a día; estes problemas de integración sensorial pálpanse na incapacidade destas persoas para desenrolar actividades cotiás e para conxugar os diferentes estímulos que reciben do medio elaborando respostas axeitadas e adaptadas. Dende a Asociación DISMACOR sempre temos apostado pola inclusión total de tódalas persoas con diversidade funcional, buscando a máxima potencialidade das súas propias características e a melloría da súa calidade de vida e da das persoas que as rodean; para o que establecemos programas completamente individualizados e adaptados ás necesidades e demandas das persoas e as súas familias, así como unha intervención levada a cabo nas contornas próximas á persoa, onde atopamos unha maior posibilidade de xeralización dos resultados e das competencias adquiridas. Neste sentido, no presente traballo recollemos unha proposta de intervención en contorna natural onde o principal obxectivo é a estimulación multisensorial dun cativo de seis anos con múltiples dificultades para a integración perceptiva, que se concretan en problemas psicomotores, falta de autonomía e dificultades de adaptación ao medio. A metodoloxía seguida baséase na participación guiada dos pais e coidadores habituais do neno mediante a utilización de obxectos cotiás e materiais adaptados á problemática do cativo de cara a conseguir un mellor autocoñecemento do seu corpo e a aprendizaxe de comportamentos que lle permitan unha mellor adaptación ás dinámicas sociais ás que se enfronta a diario. Para a avaliación do seguimento desta intervención farase unha análise cualitativo dos obxectivos plantexados grazas a revisión de escalas e manuais de desenvolvemento. Os resultados obtidos mostran unha mellora significativa no funcionamento adaptativo e na autonomía do neno en todos os seus contextos de referencia. Ademais, este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.Descargas
##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##
##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles## N/D
##plugins.generic.pfl.authorStatements##
Indexado: {$indexList}
-
##plugins.generic.pfl.indexedList##
- ##plugins.generic.pfl.academicSociety##
- N/D
- Editora:
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Los trabajos publicados en esta revista están bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Los/as autores/as son los titulares de los derechos de explotación (copyright) de su trabajo, pero ceden el derecho de la primera publicación a la Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, la cual podrá publicar en cualquier lengua y soporte, divulgar y distribuir su contenido total o parcial por todos los medios tecnológicamente disponibles y a través de repositorios.
Se permite y anima a los/as autores/as a difundir los artículos aceptados para su publicación en los sitios web personales o institucionales, antes y después de su publicación, siempre que se indique claramente que el trabajo está en esta revista y se proporcionen los datos bibliográficos completos junto con el acceso al documento, preferiblemente mediante el DOI (en caso de que sea imprescindible utilizar un pdf, debe emplearse la versión final maquetada por la Revista). En el caso de artículos que provengan de estudios o proyectos financiados, esto se hará en los plazos y términos establecidos por la entidad o entidades financiadoras de la investigación publicada.