Programas de conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.05.439Keywords:
conciliación, familia, infancia, municipioAbstract
O traballo que se presenta forma parte do proxecto de investigación denominado “A conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia: problemáticas específicas e alternativas pedagóxico-sociais e prácticas de lecer nas escolas, familias e comunidades (CONCILIA_D@S)”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria de Emerxentes (2014-PG004). A finalidade principal do proxecto é coñecer e analizar como se organizan os tempos cotiáns da infancia en Galicia atendendo a diferentes tipoloxías familiares, coas diferentes circunstancias que nelas concorren: estrutura do hábitat (rural e urbano), tempos escolares (calendarios e horarios lectivos) e actividades de lecer. No marco dunha metodoloxía integradora que fai uso de diversas estratexias e procesos de indagación (cuantitativos e cualitativos) tanto na recollida de datos como na interpretación da información, proponse o estudo de casos e identificación de boas prácticas na conciliación dos tempos, así como en iniciativas de Educación do Lecer nos ámbitos rurais e urbanos. En concreto, este traballo céntrase na identificación de boas prácticas -entendidas como experiencias exemplares que orientan a acción socioeducativa e son susceptibles de ser transferidas e implementadas noutros contextos con obxectivos semellantes- vinculadas á conciliación dos tempos familiares, laborais e escolares e que posibilitan novas opcións para un desenvolvemento máis integral da infancia, especialmente nos planos formativo e lúdico-recreativo. A análise toma como referencia o protagonismo que teñen -tanto no rural como no urbano- as Administracións Locais de Galicia e a súa potencial incidencia na oferta e desenvolvemento de servizos e programas que garantan a conciliación dos tempos e o benestar da infancia, especialmente nos tempos extraescolares e nos períodos de vacacións. Entre os criterios empregados para a selección das boas prácticas destacan: a permanencia, a innovación e a transferibilidade. Por último, se sinalan os aspectos converxentes das iniciativas presentadas, o seu influxo no benestar infantil e algunhas recomendacións de carácter pedagóxico-social derivadas do estudo das actuacións que os municipios están a poñer en marcha para favorecer a conciliación nos seus territorios.Downloads
Publication Facts
Reviewer profiles N/A
Author statements
Indexed in
-
—
- Academic society
- N/A
- Publisher
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Downloads
Published
How to Cite
Issue
Section
License
The papers published in this journal are licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.
Authors are the holders of the exploitation rights (copyright) of their work, but grant the right of first publication to the Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, which may publish in any language and format as well as publish and distribute their whole or partial content by any technologically available means and via data base.
Authors are allowed and encouraged to disseminate the articles accepted for publication on personal or institutional websites, before and after their publication, provided it is clearly stated that the work is in this journal and all bibliographic data are provided along with access to the document, preferably through the DOI (if it is indispensable to use a pdf, the final version formatted by the journal should be used). In the case of articles resulting from funded studies or projects, this will be done within the deadlines and terms established by the supporting organisation(s) of the published research.