A Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.08.561Palabras clave:
Educación para o desenvolvemento, educación global, investigación cualitativa, entrevista, educación secundariaResumen
O Proxecto de Investigación “Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da educación para o desenvolvemento na ESO. Unha investigación diagnóstica en centros educativos” é unha proposta de investigación colaborativa entre o Grupo de Investigación Política Educativa, Historia e Sociedade da Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional de Galicia, financiado pola Xunta de Galicia (PR804A 2014/07). O obxectivo é identificar as necesidades do profesorado e do centro educativo que colabora nos proxectos de Educación para o Desenvolvemento (EpD) de ONGDs para que estas accións sexan máis significativas para o alumnado. Tomamos como referencia a experiencia do Reino Unido. Trátase dunha investigación cualitativa para o quese aplicaron distintas estratexias de recollida de datos arredor de tres obxectivos: (i) saber como integraron no Reino Unido a dimensión global no curriculum e cales son as súas porpostas didácticas, (ii) coñecer outras experiencias , e (iii) desvelar cales son os intereses e necesidades do profesorado galego para integrar a dimensión global. Para abordar estos obxectivos utilizáronse técnicas que permitisen comprender as experiencias sociais nos escenarios naturais desde a perspectiva dos protagonistas, en concreto: 1. Análise de documentos para caracterizar a dimensión global no curriculo e nas propostas didácticas do Reino Unido, estructurando en unidades de significado as distintas fontes documentais a través de categorías. 2. Microestudos de caso en 6 centros educativos para coñecer os intereses e necesidades do profesorado individualmente e do centro no seu conxunto, mediante entrevistas –de corte narrativo e semiestructuradas– a tres tipos de informantes (membros do equipo directivo, responsables das bibliotecas e profesorado que xa desenvolve actividades de EpD nas aulas). 3. Os grupos focais para contrastar as distintas realidades dos centros educativos e contrastar posicionamentos de forma simultánea. 4. Entrevistas semiestructuradas a persoas expertas en Educación Global e 5. Elaboración de forma colaborativa dunha plataforma. Como estratexia xeral de análise aplicouse a codificación temática. A meta do estudo é proporcionar descripcións e interpretacións, e non xeralizacións, que permitan a outros docentes aplicar algunhas das conclusións e recomendacións a súa experiencia nas aulas. Con esta finalidade creouse unha plataforma dixital para facilitar o acceso a bibliografía, compartir experieincias e fomentar o intercambio.Descargas
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Los trabajos publicados en esta revista están bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Los/as autores/as son los titulares de los derechos de explotación (copyright) de su trabajo, pero ceden el derecho de la primera publicación a la Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, la cual podrá publicar en cualquier lengua y soporte, divulgar y distribuir su contenido total o parcial por todos los medios tecnológicamente disponibles y a través de repositorios.
Se permite y anima a los/as autores/as a difundir los artículos aceptados para su publicación en los sitios web personales o institucionales, antes y después de su publicación, siempre que se indique claramente que el trabajo está en esta revista y se proporcionen los datos bibliográficos completos junto con el acceso al documento, preferiblemente mediante el DOI (en caso de que sea imprescindible utilizar un pdf, debe emplearse la versión final maquetada por la Revista). En el caso de artículos que provengan de estudios o proyectos financiados, esto se hará en los plazos y términos establecidos por la entidad o entidades financiadoras de la investigación publicada.