Contenido principal del artículo

Berta Fraga
Beatriz López
Asociación DISMACOR
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 11: NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIALES, páginas 043-046
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.302
Enviado: abr 30, 2015 Aceptado: ago 19, 2015 Publicado: dic 11, 2015
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

Os trastornos do espectro autista supoñen unha afectación nas competencias sociais, comunicativas e lingüísticas que provocan alteracións tanto psicolóxicas como condutuais na persoa e que varían considerablemente duns individuos a outros. Na maioría dos casos existe unha característica común e que se postula como un dos primeiros síntomas de diagnóstico en idades temperás, referímonos a existencia dunha desorde sensorial que lles ocasiona ás persoas con autismo grandes dificultades para poder adaptarse ao mundo que lles rodea e un continuo malestar no seu día a día; estes problemas de integración sensorial pálpanse na incapacidade destas persoas para desenrolar actividades cotiás e para conxugar os diferentes estímulos que reciben do medio elaborando respostas axeitadas e adaptadas. Dende a Asociación DISMACOR sempre temos apostado pola inclusión total de tódalas persoas con diversidade funcional, buscando a máxima potencialidade das súas propias características e a melloría da súa calidade de vida e da das persoas que as rodean;  para o que establecemos programas completamente individualizados e adaptados ás necesidades e demandas das persoas e as súas familias, así como unha intervención levada a cabo nas contornas próximas á persoa, onde atopamos unha maior posibilidade de xeralización dos resultados e das competencias adquiridas. Neste sentido, no presente traballo recollemos unha proposta de intervención en contorna natural onde o principal obxectivo é a estimulación multisensorial dun cativo de seis anos con múltiples dificultades para a integración perceptiva, que se concretan en problemas psicomotores, falta de autonomía e dificultades de adaptación ao medio. A metodoloxía seguida baséase na participación guiada dos pais e coidadores habituais do neno mediante a utilización de obxectos cotiás e materiais adaptados á problemática do cativo de cara a conseguir un mellor autocoñecemento do seu corpo e a aprendizaxe de comportamentos que lle permitan unha mellor adaptación ás dinámicas sociais ás que se enfronta a diario. Para a avaliación do seguimento desta intervención farase unha análise cualitativo dos obxectivos plantexados grazas a revisión de escalas e manuais de desenvolvemento. Os resultados obtidos mostran unha mellora significativa no funcionamento adaptativo e na autonomía do neno en todos os seus contextos de referencia. Ademais, este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.

Detalles del artículo