Contenido principal del artículo

Araceli Serantes
UDC
España
Helena Zapico
M. Cristina Pérez
Vanessa Pazos
Vol. Extr., núm. 08 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 8: INTERCULTURALIDAD, INCLUSIÓN SOCIAL Y EDUCACIÓN, páginas 095-099
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.08.560
Enviado: may 20, 2015 Aceptado: ago 14, 2015 Publicado: nov 16, 2015
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

A educación para o desenvolvemento de quinta xeración pon o foco de atención en contribuir á comprensión crítica do modelo de globalización que está a influir en todo o planeta e debe promover unha conciencia da cidadanía global, activa e comprometida cos dereitos humanos, a xustiza social e a democracia. A Educación Global é un movemento internacional que xurde a carón das ONGDs como un proceso socio-educativo continuado que promove unha cidadanía global crítica. Consideramos a Inglaterra como un referente na integración da dimensión global no curriculum da Educación Secundaria, e partindo do estudo reflexivo de esta experiencia, plantexámonos coñecer as necesidades do noso profesorado de secundaria para que a súa participación co alumnado nos programas porpostos polas ONGDs sexan máis significativos e interdisciplinares. Esta investigación é de carácter colaborativo entre o grupo de investigación “Política Educativa, Historia e Sociedade” da UDC e Solidariedade Internacional de Galicia (SI-G), e financiado pola Xunta de Galicia a través das subvencións de concorrencia competitiva para executar proxectos de EpD. Nesta comunicación presentamos algúns dos achados resultado da análise das entrevistas de corte narrativo realizadas en 6 centros a 3 tipos de informantes: representante do equipo directivo, responsable da biblioteca e profesorado que participa nos proxectos de SI-G. Para a análise das entrevistas utilizamos o programa Atlas.IT que permite organizar, agrupar e sistematizar a través de códigos e visualizar as interpretacións. No noso caso establecimos 6 dimensións –curriculo, profesorado, alumnado, centro, papel da ONGD e bibliotecas– coas súas macrocategorías e categorías . Nesta comunicación adiantamos algúnhas das conclusións extraídas das testemuñas do profesorado respecto á dimensión global desde as súas materias, nas que sinalan aqueles condicionantes e posibilidades, elaboramos un perfil do profesorado máis comprometido coa EpD, tamén algunhas achegas sobre os beneficios educativos respecto ao alumnado, a influencia das condicións institucionais e cultura escolar para levar a cabo estos proxectos e o papel das ONGDs como apoio didáctico á labor docente. Quedarían pendientes de investigar a relación con outros axentes educativos como as familias, o persoal de administración e outros colaboradores da institución.

Detalles del artículo