A lingua do noso audiovisual
Contido principal do artigo
Resumo
Sabendo da relevancia do audiovisual para promocionar unha lingua mimorizada ou desprestixiada, este trabalho ansía a reflectir á volta de tres temáticas intimamente relacionadas. A primeira delas céntrase en como o galego vai conquistando novas esferas de utilización no audiovisual e rexistros expresivos. A segunda nortéase cara ás relacións entre normalidade de uso e o valor da verosimilitude, unha vez evidenciados contextos e situacións en que a lingua está hoxe en día practicamente ausente na vida real. A terceira, en último lugar, envereda os vínculos entre normativización e normalización aplicados ao audiovisual, tendo en conta, tamén, a calidade da lingua de traballadores da TVG e o labor de dobraxe, unha tarefa esta última que debe aspirar a que as personaxes, o discurso e o universo ficcional se tornen cribles.