Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez
Contido principal do artigo
Resumo
Manuel Curros Enriquez (1851-1908) enforma, xunto con Rosalía e Pondal, unha das figuras centrais no proceso de recuperación literaria do galego durante o século XIX. No momento en que el escribe, non existe unha variedade estandarizada para a lingua, de forma que os usos ortográficos, a representación de fenómenos típicos da oralidade, as construcións gramaticais, o léxico, etc. non coñecen referencias modelares explicitadas nun padrón. A nosa vontade é repararmos nos trazos lingüísticos da expresión literaria de Curros Enríquez e aproximármonos, embora sexa conxunturalmente, tanto do estado da lingua da época canto do coñecimento que o autor tiña dela, un coñecimento, segundo tentaremos demostrar nestas páxinas, verdadeiramente digno de nota, no cal transparecen certos vernices da Gramática de Saco Arce (1868).
Palabras clave:
Descargas
Métricas
Detalles do artigo
Citas
A: Aires d'a miña terra, Ourense, Tipografía de A. Otero Editor, 1880 [Primeira edición].
Álvarez, R. / Regueira, X.L. / Monteagudo, H. (1986): Gramática galega (Vigo: Galaxia).
B: Aires d'a miña terra, Madrid, La Ilustración Gallega y Asturiana, 1881 [Segunda edición].
C: Aires d'a miña terra, A Coruña, Latorre y Martínez Editores, 1886 [Terceira edición].
Carballo Calero, R. (1972): Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).
DS: O divino sainete, A Coruña, Imprenta La Comercial, 1888.
Femández Rei, F. (1991): Dialectoloxía da lingua galega (Vigo: Xerais).
Ferreiro, M. (1999 [1995]): Gramática histórica galega (Santiago de Compostela: Laiovento).
Freixeiro Mato, X. R. (1993): Da montaña o corazón (Lugo: Fundación Caixa Galicia).
García de Diego, V. (1984): Elementos de Gramática Histórica Gallega. (Fonética-Morfología) 1909 [Edición facsimilar] (Verba, Anexo 23: Universidade de Santiago de Compostela).
G[arcía] Gondar, F. (1978): O infinitivo conxugado en galego. Anejo 13 de Verba (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).
López Varela, E. (1998): A poesía galega de M. Curros Enríquez. Tomo 1 (A Coruña: Deputación Provincial da Coruña).
López Varela, E. (2000): "O posicionamento de Curros perante a lingua", Revista Galega de Filoloxía, 1: 199-208.
Martínez-Morás Soria, A. (1987): "Testemuño dunha amizade. Curros Enríquez e Martínez Salazar", A Nosa Terra. Extra n° 9: 22-24.
Saco Arce, 1. A. (1868): Gramática Gallega (Lugo: Imprenta de Soto Freire).