Contenido principal del artículo

Berta Fraga
Asociación DISMACOR
Marta Meizoso
Beatriz López
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 11: NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIALES, páginas 047-049
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.304
Enviado: abr 30, 2015 Aceptado: ago 19, 2015 Publicado: dic 11, 2015
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento que supón afectacións a nivel psicolóxico e condutual das persoas que o presentan. En todas as persoas diagnosticadas con algún trastorno do espectro autista son frecuentes as dificultades de comunicación, feito que lles impide a boa adaptación ao mundo que lles rodea, ademais de numerosos problemas para comunicar os seus intereses, gustos e sentimentos. Esta dificultade provócalles un illamento da sociedade e das súas familias e adoita supoñer un malestar considerable para eles mesmos e aos que lles rodean. Na Asociación DISMACOR apóstase por programas de intervención adaptados ás necesidades de cada neno e das súas familias, sempre traballando na propia contorna natural de cada cativo, de cara a fornecer unha aprendizaxe máis funcional e conseguir unha maior xeralización dos resultados obtidos. No presente traballo mostramos unha proposta de intervención para mellorar as dificultades de comunicación dunha nena de oito anos diagnosticada con TEA e que presenta unha linguaxe pouco emotiva e carente de sentimentos. O principal obxectivo deste traballo é a manifestación de emocións e sentimentos a través do debuxo das súas propias experiencias persoais como método para complementar e substituír as carencias na manifestación da súa percepción da realidade e dos seus desexos. A metodoloxía utilizada emprega intervencións centradas no xogo e utiliza o terapeuta como modelo do uso correcto do debuxo para a manifestación das vivencias propias e alleas; neste sentido, vaise instruíndo a nena para que comece a utilizar esta capacidade e a vaia incluíndo no seu repertorio de respostas habituais. Os resultados mostran unha mellor capacidade da nena, non soamente para mostrar os seus sentimentos, senón para comprender e empatizar cos dos demais; alén de reducir a súa ansiedade derivada da súa incapacidade para manifestar os problemas que lle xorden a diario e aumentar a súa habilidade comunicativa.

Detalles del artículo