A Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia

Araceli Serantes, Renée DePalma, M. Dolores Cotelo, José Luis Iglesias, Patricia Digón, Begoña Rivera, Carmen Becerra, María Caride, Ana Lampón

Resumen


O Proxecto de Investigación “Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da educación para o desenvolvemento na ESO. Unha investigación diagnóstica en centros educativos” é unha proposta de investigación colaborativa entre o Grupo de Investigación Política Educativa, Historia e Sociedade da Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional de Galicia, financiado pola Xunta de Galicia (PR804A 2014/07). O obxectivo é identificar as necesidades do profesorado e do centro educativo que colabora nos proxectos de Educación para o Desenvolvemento (EpD) de ONGDs para que estas accións sexan máis significativas para o alumnado. Tomamos como referencia a experiencia do Reino Unido. Trátase dunha investigación cualitativa para o quese aplicaron distintas estratexias de recollida de datos arredor de tres obxectivos: (i) saber como integraron no Reino Unido a dimensión global no curriculum e cales son as súas porpostas didácticas, (ii) coñecer outras experiencias , e (iii) desvelar cales son os intereses e necesidades do profesorado galego para integrar a dimensión global. Para abordar estos obxectivos utilizáronse técnicas que permitisen comprender as experiencias sociais nos escenarios naturais desde a perspectiva dos protagonistas, en concreto: 1. Análise de documentos para caracterizar a dimensión global no curriculo e nas propostas didácticas do Reino Unido, estructurando en unidades de significado as distintas fontes documentais a través de categorías. 2. Microestudos de caso en 6 centros educativos para coñecer os intereses e necesidades do profesorado individualmente e do centro no seu conxunto, mediante entrevistas –de corte narrativo e semiestructuradas– a tres tipos de informantes (membros do equipo directivo, responsables das bibliotecas e profesorado que xa desenvolve actividades de EpD nas aulas). 3. Os grupos focais para contrastar as distintas realidades dos centros educativos e contrastar posicionamentos de forma simultánea. 4. Entrevistas semiestructuradas a persoas expertas en Educación Global e 5. Elaboración de forma colaborativa dunha plataforma. Como estratexia xeral de análise aplicouse a codificación temática. A meta do estudo é proporcionar descripcións e interpretacións, e non xeralizacións, que permitan a outros docentes aplicar algunhas das conclusións e recomendacións a súa experiencia nas aulas. Con esta finalidade creouse unha plataforma dixital para facilitar o acceso a bibliografía, compartir experieincias e fomentar o intercambio.

Palabras clave


Educación para o desenvolvemento; educación global; investigación cualitativa; entrevista; educación secundaria

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.08.561

Enlaces refback

  • No hay ningún enlace refback.


Licencia Creative Commons

Esta revista es continuación de: Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación (1997-2013) - ISSN: 1138-1663.