Petición de contributos_RGF 26 (2025)
Publicado o 2025-02-26A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 26, correspondente ao ano 2025.
A RGF admite traballos (artigos, notas e recensións) centrados en calquera asunto relativo aos estudos lingüísticos, literarios e culturais, especialmente no ámbito galego-portugués.
As linguas de publicación son o galego, o portugués e o inglés. O Consello de Redacción estudará a publicación de propostas noutras linguas.
A data límite para o envío de orixinais é o día 1 de xuño de 2025.