Sobre Enfermidades da língua (1759) de Manuel José de Paiva
Contido principal do artigo
Resumo
No contexto das reformas desenvoltas polo Marqués de Pombal na segunda metade do século XVIII, a lingua portuguesa foi alvo de actuacións pedagóxicas, nomeadamente coa escolarización da gramática e coa aparición dunha incipiente rede de escolas públicas. É nesa época que o libro Enfermidades da língua (1759), de Manuel José de Paiva, dá forma a unha alegoría en que a propia lingua portuguesa é presentada como unha persoa doente, a cal recibe un tratamento médico facilitado por un profesional que lle prescribe os remedios adecuados durante oito visitas. A obra proporciona unha interesante reflexión sobre a norma lingüística, a preludiar camiños da pesquisa sociolingüística que só surxiríam moito tempo máis tarde.
Palabras clave:
Descargas
Métricas
Detalles do artigo
Citas
Casagrande, C. / Vecchio, S. (1991): Les Péchés de la Langue. Discipline et éthique de la parole dans la culture médiévale (Paris: Ed. du Cerf).
Verdelho, T. (1982): "Historiografia linguística e reforma do ensino. A propósito de três centenários: Manuel Álvares, Bento Pereira e Marquês de Pombal", Brigantia, II, 4: 347-380.