Main Article Content

Miguel Angel Nogueira-Pérez
Universidade de Santiago de Compostela
Biography
Cristina Ceinos-Sanz
Universidade de Santiago de Compostela
Biography
Vol. Extr., núm. 03 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 3: DESARROLLO VOCACIONAL Y CARRERA, pages 044-048
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.03.395
Submitted: May 5, 2015 Accepted: Aug 10, 2015 Published: Oct 21, 2015
How to Cite

Abstract

O presente traballo recolle un avance de resultados da fase inicial do Proxecto Guide My W@y, que ten entre os seus principais obxectivos a configuración dunha metodoloxía común e válida para ser empregada polos orientadores da carreira europeos en tarefas de orientación á mocidade para a mobilidade internacional. O modelo de referencia ten como base o concepto metodolóxico alemán “BEKO” (de éxito no país xermano), empregado na Axencia Federal de Emprego, e caracterizado por desenvolver un asesoramento enfocado cara a práctica profesional, e baseado nun coñecemento actualizado teórico e práctico do mesmo. Este concepto estrutúrase nunha metodoloxía e nuns contidos modulares específicos. A metodoloxía recolle os métodos de orientación da carreira no ámbito da mobilidade transnacional da xuventude, incluíndo unha secuencia de pasos lóxicos que axudan a guiar a forma de proceder na práctica, ademais das técnicas e instrumentos máis axeitados a empregar. En canto aos contidos modulares, abarcan cuestións como a elección e orientación da carreira, o perfil operativo na mobilidade internacional, o recoñecemento de certificados, os marcos legais, a mobilidade intercultural e a colocación laboral, educativa e profesional. Neste traballo preséntase a investigación desenvolvida polas institucións socias do Proxecto, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, en relación aos contidos relacionados coa xestión do perfil para a mobilidade internacional da mocidade realizada por parte dos profesionais da Orientación en xeral, e dos EURES en particular, en España, Alemaña, Polonia e a República Checa. O obxectivo é coñecer as formas de proceder dos orientadores no traballo co perfil dos orientados (técnicas e instrumentos máis usados; cuestións e tarefas clave; principais fontes de información manexadas para a xestión do perfil) e analizar as súas necesidades coa intención de, en fases posteriores, discutir e axustar o modelo metodolóxico de referencia (BEKO). A metodoloxía empregada no estudo baseouse na realización dunha enquisa a través dun cuestionario con preguntas pechadas e abertas, aplicado a orientadores/as da Rede EURES así como aqueloutros de referencia que desempeñan funcións de euro-orientación no seu servizo. Entre os resultados a destacar, cabe salientar o alto grado de coincidencia entre os profesionais dos diferentes países en canto ao seu frecuente manexo de instrumentos tales como o CV e carta de presentación, así como a técnica da entrevista, durante o proceso de xestión do perfil. En canto ás cuestións clave na xestión do citado perfil, resáltanse diferentes perspectivas nos orientadores/as dos países enquisados, centradas no orientado e no propio orientador/a. Sobre as fontes de información, tamén existen diferenzas, pero resulta común a referencia ás ferramentas tecnolóxicas. Como conclusión, aínda habendo aspectos coincidentes en canto ao uso de ferramentas, anticípase, en xeral, dificultade en unificar as prácticas nun modelo metodolóxico estándar nos países participantes no Proxecto, en certa medida explicable polas características do propio perfil profesional dos orientadores/as, a súa formación de base e a idiosincrasia dos servizos de orientación en cada país.

Downloads

Download data is not yet available.

Article Details