Contido principal do artigo

Rodrigo Alvarado Iglesias
Licenciado en Historia, Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
España
Vol. 18-19 (2015), Miscelánea, Páxinas 111-128
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4045
Recibido: set. 14, 2018 Aceptado: set. 14, 2018 Publicado: out. 11, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

No estudo que se presenta a continuación abordamos a represión da que foron obxecto os mestres e as mestras de primeiro ensino da provincia de Lugo a partir do estoupido da guerra civil, en xullo do 1936. Concretamente, centrámonos na represión levada a cabo por vía administrativa, é dicir, en forma de depuracións laborais. No que atinxe ao marco temporal, focalizamos a nosa atención na primeira fase da depuración, que se estende dende o inicio do conflito bélico até novembro do 1936, momento en que comezan a funcionar as comisións depuradoras. Dende o punto de vista metodolóxico efectuamos unha aproximación cuantitativa, pero tamén unha aproximación cualitativa analizando os aspectos máis significativos que conformaron o proceso. A maiores, incluímos os nomes daquelas mestras e mestres que sufriron esta primeira acometida represora na provincia de Lugo, porque consideramos que os exercicios de memoria complementan a investigación histórica

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo