Contido principal do artigo

Rosa María Cid Galante
Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0003-1639-7842
Xose Manuel Cid Fernández
Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0002-7470-1737
Vol. 16 (2012), Miscelánea, Páxinas 121-142
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2012.16.0.4098
Recibido: set. 14, 2018 Aceptado: set. 14, 2018 Publicado: out. 11, 2013
##submission.howToCite##

Resumo

As Escolas da Ave-María, creadas por Andrés Manjón a finais do século XIX e comezos do XX e destinadas aos nenos economicamente máis desfavorecidos, conformaron un estilo e filosofía de ensino-aprendizaxe moi diferente ao que era habitual naquel entón nas pequenas escolas de primaria. Aínda que os medios non eran moitos si tiñan importancia os principios pedagóxicos e os métodos de ensino, métodos prácticos e activos que propiciarían unha aprendizaxe significativa. Estas escolas fóronse creando ao longo da xeografía española chegando tamén a Ourense onde temos constancia da súa creación e localización, así como da chegada de profesorado que exerceu na provincia e que estudase nas Escolas de Formación de Mestres da Ave-María. Estamos ante un estudo no que, por unha banda, profúndase nos principios que rexían as Escolas da Ave María e para iso fíxose unha lectura pormenorizada dos libros do fundador Andrés Manjón, e por outra, grazas a importantes documentos achados no Arquivo da Universidade de Santiago e no Arquivo do Concello de Ourense, desvelamos a escola de %ou201Cave María%ou201D que se creou na cidade de Ourense e quen foron os seus promotores e ademais coñecemos o edificio destinado á devandita escola construído polo arquitecto ourensán Vázquez Gulías.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo