Servizo de Recursos Psicopedagóxicos: relevancia para o Grao en Pedagoxía (USC)
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.06.342Palavras-chave:
diagnóstico pedagóxico, recursos educativos, educación superiorResumo
A finalidade principal desta comunicación é presentar a importancia e as funcións que cumpre o Servizo de Recursos Psicopedagóxicos (SRP) pertencente á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para a formación do alumnado do Grao en Pedagoxía. En primeiro lugar, preténdese describir a organización e o funcionamento do SRP, especificando algúns aspectos destacados como poden ser os motivos para a súa creación, os obxectivos específicos, os destinatarios, etc. En segundo lugar, establécese unha relación entre un servizo deste tipo e o desenvolvemento e adquisición das competencias xerais e específicas, así como a súa vinculación coas saídas profesionais que se recollen na memoria do título, entre as que sobresae a formación e o asesoramento pedagóxico en centros escolares, centros de formación do profesorado ou gabinetes psicopedagóxicos. A continuación, expóñense os principais resultados obtidos a través dun cuestionario construído ad hoc para a valoración do SRP. O devandito instrumento administrouse ao alumnado do Grao en Pedagoxía do curso académico 2014-2015. Algunhas das dimensións que se valoran no cuestionario están relacionadas cos motivos para utilizar este servizo, co grao de importancia percibida polo alumnado con vistas á súa formación académica e desenvolvemento profesional ou co seu nivel de satisfacción (respecto a aspectos como a cantidade e variedade de fondos, as condicións de préstamo, as características do espazo físico, etc.). Tamén se recollen algunhas propostas de mellora básicas para este servizo. A partir da valoración, maioritariamente positiva do alumnado, conclúese que un servizo desta índole resulta necesario no Grao en Pedagoxía, entre outras, polas seguintes razóns: a súa complementariedade con outros existentes no contexto universitario, especialmente as bibliotecas; a súa achega ao afondamento de coñecementos e contidos desenvolvidos en diferentes materias do título; a súa utilidade como un recurso documental para a elaboración de actividades, traballos e proxectos relacionados coa titulación.Downloads
##plugins.generic.pfl.publicationFactsTitle##
##plugins.generic.pfl.reviewerProfiles## Indisp.
##plugins.generic.pfl.authorStatements##
##plugins.generic.pfl.indexedIn##
-
##plugins.generic.pfl.indexedList##
- ##plugins.generic.pfl.academicSociety##
- Indisp.
- ##plugins.generic.pfl.publisher##
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Downloads
Publicado
Como Citar
Edição
Secção
Licença
Os artigos publicados nesta Revista están licenciados com uma Licença Creative Commons Atribuição-CompartilhaIgual 4.0 Internacional.
Os/As autores/as são os titulares dos direitos de exploração (copyright) da sua obra, mas cedem o direito de primeira publicação à Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, que poderá publicar em qualquer língua e suporte, divulgar e distribuir o seu conteúdo total ou parcial por todos os meios tecnologicamente disponíveis e através de repositórios.
Permite-se e anima-se os/as autores/as a difundir os artigos aceites para publicação nos site pessoais ou institucionais, antes e após publicação, sempre que se indique claramente que o trabalho é publicado nesta revista e se proporcionem todos os elementos da referenciação bibliográfica junto com o acesso ao documento, preferencialmente através do DOI (caso seja indispensável usar um pdf, a versão final formatada pela Revista deve ser usada). No caso de artigos provenientes de estudos ou projectos financiados, tal será feito dentro dos prazos e condições estabelecidos pelo(s) organismo(s) financiadores da investigação publicada.