Número actual
A perda de Michèle Sato segue a ser unha ausencia dolorosa mais que continúa a provocar encontros, alianzas e sinerxias. Ela non deixou de estar entre nos e o seu legado está a ser retomado cunha mixtura de saudades, agradecemento, compromiso, encontro, denuncia e investigación comprometida coas persoas e co Planeta.
Este número recolle a memoria da súa estancia de pos-doutoramento na Universidade da Coruña, que en definitiva é un percorrido autobiográfico polo que foi gran parte da súa vida académica e de compromiso ecosocial. Con a publicación póstuma de este traballo queremos manter viva a súa memoria e o seu legado.
Recollemos tamén o legado doutros pensadores que tampouco están entre nós. Neste caso, con aportacións significativa desde a ecoloxía profunda en Finlandia: Pentti Lonkola.
Os grupos de investigación seguen a ser o motor dunha Educación Ambiental crítica e situada. Neste número se presenta unha revisión bibliométrica sobre cambio climático no Estado de Paraná e os retos aos que pode enfrentarse o grupo de investigación REAJA sin o liderazgo de Michèle Sato.
Este número remata cunha serie de experiencias tanto ligadas ao ensino formal (con experiencias curriculares de Educación Ambiental e hortas escolares), como ás políticas públicas (neste caso fronte aos incendios forestáis)