Vol 01 No 05 (2008): xaneiro-xuño 2008
Published: 2013-04-01
A educación ambiental no sistema educativo formal A educación ambiental nace fortemente vinculada aos sistemas educativos das distintas nacións; os procesos de institucionalización, dinamizados a nivel internacional fundamentalmente pola UNESCO, o fixeron así posible. Mais cada Estado asumiu de forma diferenciada o seu compromiso educativo repecto ás relacións que deben manter as persoas co medio ambiente. Neste quinto número, a revista AmbientalMente Sustentable presenta reflexións teóricas, experiencias de investigación e de participación, así como estratexias de acción e recursos para seguir traballando dede o ámbito da educación formal.