O Courel. Dende o subdesenvolvemento ata o desenvolvemento insostible
Contido principal do artigo
Resumo
A conservación das nosas áreas naturais máis valiosas estase a convertir nunha necesidade non só ecolóxica ou ética, tamen socioeconómica, pois no correcto manexo dos recursos está unha das chaves do desenvolvemento sostible.
O Courel é unha das bisbarras máis emblemáticas da Galiza. É a nosa “Terra Matria” porque nos seus bosques e vals enraiza o noso imaxinario colectivo da Natureza prístina. A protección dos seus imponderables valores é fundamental primeiramente para as comunidades que o habitan, pero tamén para todos os galegos e galegas. As súas estratexias de conservación deberán encadrarse dentro de Plans que permitan unha vida digna para os seus habitantes, sen menoscabo das súas riquezas naturais e culturais. E fago fincapé neste binomio natureza-cultura como guía nas reflexións posteriores en torno ao dúo central deste traballo: conservación-desenvolvemento.