Contido principal do artigo

José Manuel Gutiérrez Bastida
Ingurugela-Ceida de Bilbao (País Vasco-España)
Vol. 01 Núm. 05 (2008), Marco teórico, Páxinas 7-32
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2008.01.05.752
Recibido: xuño 30, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

O programa ou Axenda 21 nace no Cumio da Terra (1992) como un plano que marca as directrices para as políticas e estratexias que se van levar a cabo no século XXI encamiñadas cara un desenvolvemento sostible. Dous anos máis tarde moitas cidades europeas subscriben a Carta de Aalborg para desenvolver a denominada Axenda 21 Local.


Paralelamente, a educación ambiental –nacida a mediados do século pasado– atópase nun momento complexo, coa propia aparición do termo desenvolvemento sustentable e certo pesimismo sobre os resultados concretos da súa traxectoria.


No ámbito da educación formal, a sinerxía producida polo desenvolvemento da Axenda 21 Local unido ao interese da escola tanto por mellorar a calidade ambiental e educativa dos centros escolares coma por intervir e participar no ámbito próximo (barrio, distrito, municipio,...) xera a Axenda 21 Escolar. Este programa estase a desenvolver ao longo do planeta seguindo diferentes modelos e cun substrato común: traballar por e para o centro escolar e o municipio. Ten unhas grandes potencialidades que o converten nunha alternativa válida para afrontarmos os retos da educación do século XXI e da nova educación ambiental.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo