A natureza como medio educador na historia da educación Unha aproximación desde a educación escolar e a educación no tempo libre
Contido principal do artigo
Resumo
O valor educativo da natureza é un tema que conta cunha longa traxectoria histórica. Dende os comezos da vida na Terra, o ser humano tivo un vínculo especial co medio natural, un vínculo que foi evolucionando á par das distintas civilizacións. Nesta evolución atopamos a perspectiva educativa da natureza, cando se comeza a enxergar o medio natural como un espazo de relevantes posibilidades pedagóxicas. Así, neste artigo deterémonos a analizar esta perspectiva educativa na historia da educación desde unha dupla vertente: a escolar e a do tempo libre. A pesar de que o concepto de pedagoxía do ocio está circunscrito á Idade Contemporánea, naqueles primeiros momentos en que se comezou a empregar a natureza como fonte formativa xa se concibía o tempo libre nun sentido educativo e non de ociosidade, asociándoo co medio natural e as denominadas actividades ao aire libre.