Contido principal do artigo

María Dolores Villanueva Gesteira
Instituto da Lingua galega
España
Vol. 16 (2012), Miscelánea, Páxinas 41-56
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2012.16.0.4087
Recibido: set. 14, 2018 Aceptado: set. 14, 2018 Publicado: out. 11, 2013
##submission.howToCite##

Resumo

Este artigo pretende ofrecer unha panorámica dos movementos que os axentes civís e as institucións galegas levaron a cabo para conseguir que se implantara o galego no ensino. Entre 1963 e 1977 as asociacións culturais ofreceron cursos para adultos e introduciuse o galego na Universidade de Santiago de Compostela, pero resistíase a incursión do estudo da lingua no ensino obrigatorio e no bacharelato. A Real Academia Galega comeza as xestións, ó igual que a Euskaltzaindia e o Institut d'Estudis Catalans, co Ministerio de Educación e Ciencia. A Lei Xeral de Educación (1970) recolle a posibilidade de introducir as linguas diferentes do castelán no ensino, aínda que habería que agardar ó Decreto 1433/1975 para que se desenvolva máis este aspecto. Este feito supón un gran avance, aínda que non cumpría tódalas expectativas e as reivindicacións seguen nos anos seguintes.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo