Universidades, sistema de innovación e políticas científicas e de investigación en Galicia. 25 anos da creación das novas universidades galegas
25 anos da creación das novas universidades galegas
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4039Palabras clave:
universidades, investigación, educación superior, políticas científicas, sistemas de innovaciónResumo
Considerando o coñecemento como motor da innovación nas sociedades modernas queremos repasar as capacidades de Galicia neste ámbito e valorar o nivel actual de aproveitamento das mesmas. A afirmación de que o coñecemento é o motor da innovación nas sociedades modernas poucos se atreven a negala no mundo actual. O que nos interesa aquí é como entendela en Galicia hoxe, a partir dunha observación panorámica do sistema galego de innovación, que atende especialmente aoseu motor universitario. Co gallo dos 25 anos da creación das universidades da Coruña e Vigo, optamos por una análise de presente e de futuro fronte á relembranza do que foi aquel proceso de segregación, do que se ten dito e escrito non pouco.