Educación no formal e inserción laboral de la juventud
Contido principal do artigo
Vol. Extr., núm. 07 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 7: FORMAÇÃO E TRANSIÇÃO PARA O MUNDO DE TRABALHO, Páxinas 050-054
Recibido: mai. 20, 2015
Aceito: ago. 14, 2015
Publicado: nov. 14, 2015
Resumo
Neste traballo pretendemos analizar o alcance estratéxico da formación do capital humano e social (aptitudes, destrezas, competencias, patróns de conduta relacional, disposicións cooperativas...) que implica a participación en actividades de educación non formal, considerando os achádegos que vinculan tal participación con indicadores de empregabilidade na sociedade actual. Dende esta perspectiva, partindo da necesidade que supón innegablemente unha educación ao longo de toda a vida, a educación non formal atopa todo o seu sentido no desenvolvemento de coñecementos, habilidades interpersoais e actitudes senlleiras para a xuventude; sendo competencias cuxos efectos inciden nunha mellora palpable da súa inserción laboral e que supoñen unha implicación permanente dos mozos e mozas nas súas contornas, promovendo condutas prosociais, de compromiso social e de vinculación coa comunidade. Competencias que, de maneira propia, resultan primarias nunha crise económica onde a presenza do desemprego é excesivamente elevada, sobre todo se temos en conta as taxas eminentes de paro dentro do colectivo das persoas xoves que, no contexto español, no primeiro trimestre do ano 2015 se sitúan por encima do 51% nos menores de 25 anos. Así, na actualidade, a mocidade atópase nunha verdadeira encrucillada onde os coñecementos adquiridos pola educación formal xa non son unha condición exclusiva para a busca de emprego, debendo estar adheridos a prácticas como as que a que alberga a educación non formal tanto no desenvolvemento de competencias, como na posta en marcha de experiencias gratificantes en diferentes ámbitos de interese dos mozos e mozas que vense claramente vinculadas coas súas expectativas e disposicións persoais. Neste contexto, son destacables as múltiples contribucións que, dende distintas institucións e autorías a nivel internacional (UNESCO, Comisión Europea), están a reclamar a necesidade de articular mecanismos que permitan identificar as competencias que se desenvolven a través da participación en programas de educación non formal, de maneira que se estipule unha avaliación específica das competencias desenvolvidas e se mellore a transición cara ao emprego e o emprendemento dos mozos e mozas. Finalidade, que é apoiada continuamente mediante o discurso destas institucións, instando a todas as comunidades ao recoñecemento, de maneira sistemática, da participación en actividades de educación non formal, promovendo mecanismos de validación e de certificación de ditas competencias coa intención de mellorar a inserción laboral dos xoves. Finalmente, dende unha visión máis pormenorizada do recoñecemento da educación non formal no contexto da Comunidade Autónoma de Galicia, nos deteremos tanto na importancia da certificación das competencias recentemente asumida dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no ámbito galego, como na análise dun dos programas dirixidos á xuventude galega, esencial na perfección de habilidades cara o emprendemento dos mozos e mozas: o Programa Iniciativa Xove.
Downloads
Não há dados estatísticos.