Contido principal do artigo

Andrea Fernández-Sánchez
UDC
Vol. Extr., núm. 01 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 1: APRENDIZAGEM, MEMÓRIA E MOTIVAÇÃO, Páxinas 101-104
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.01.524
Recibido: mai. 20, 2015 Aceito: ago. 7, 2015 Publicado: out. 26, 2015
Como Citar

Resumo

Que sucede realmente nas aulas? Son moitos os autores que se fixeron esta pregunta e coincidiron na dificultade de dar unha resposta. O interese por comprender, coñecer e mellorar as relacións que se dan na aula é porque na escola non son só importantes os contidos que se aprenden, senón tamén o modo en que se aprende. Polo tanto, o presente traballo abordará a cuestión da problemática da interacción profesorado-alumnado no proceso de ensinanza aprendizaxe, mediante unha investigación etnográfica, a través de estudo de caso, levada a cabo nun aula de sexto de educación primaria, nun centro urbano na cidade da Coruña. Nesta aula, atópanse dous docentes cunhas metodoloxías de ensinanza moi diferenciadas, ambas participativas, pero unha baseada no diálogo e outra na autoridade. No traballo non se valora unha relación específica docente-estudante, é dicir non se trata de facer unha comparativa entre mestres ou de abordar cuestións sobre a calidade e metodoloxía de ensinanza, senón que se trata relatar e determinar cómo o alumnado debería ter o papel principal no proceso de ensino-aprendizaxe. Polo tanto, nesta investigación se describe, analiza, determina e establece como estas interaccións inflúen na calidade do proceso E-A. O obxectivo principal é analizar cómo o alumnado inflúe nas dinámicas de aula, ademais de establecer a incidencia e a problemática da excesiva influencia do alumnado na interacción. Tras a fundamentación teórica dos conceptos propostos así como da metodoloxía a utilizar, establécensee unhas conclusións a partir dos resultados obtidos mediante as observacións e entrevistas realizadas na presente investigación, co obxecto de realizar unha reflexión sobre a idoneidade deste traballo para a formación de futuros docentes de educación primaria. Pódese concluir que a acción docente condiciona o proceso de ensinaza.aprendizaxe, xa que a interacción profesor-alumno é un elemento inalienable da acción educativa. Ademais pódese establecer que tanto o alumnado como o profesorado inflúe neste proceso, aínda que de xeito diferenciado; por unha banda o alumnado demanda unha atención, cunha intensidade diferente en función de cada alumno, e por outra, os docentes, coas suas actuaciones e respostas, determinan canta atención se detrae ao proceso E-A pola interacción. Este traballo aporta outra perspectiva do que acontece realmente nas aulas e das accións que un mestre realiza de forma automatizada, da a oportunidade de reflexionar sobre condutas que se cree que non están ahí, ou que simplemente non se lles outorga a importancia que estes realmente teñen. Como afirma Jackson (1991), para o profesorado, a actividade docente está moi fundamentada na intuición máis que nos procesos de análise reflexivos, mesmo os docentes nunha entrevista chegaron a declarar que a súa conduta na aula estaba determinada por impulsos e sentimentos, máis que por reflexións e pensamentos.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Detalles do artigo