Sobre la revista
Enfoque y alcance
ambientalMENTE sustentable, revista editada pola Universidade da Coruña, CEIDA e Universidade Federal do Mato Grosso ten como finalidade difundir ensaios, estudos, investigacións e experiencias innovadoras enmarcadas no campo da Educación Ambiental.
ambientalMENTE sustentable é unha revista de carácter científico arbitrado por pares que publica traballos orixinais que contribúan ao avance da disciplina.
ambientalMENTE sustentable nace no ano 2006 coa ambición de defender os idiomas galego e portugués como vehículo para a divulgación do saber científico.
ambientalMENTE sustentable mantén unha política de apoio e intercambio con outras revistas científicas.
ambientalMENTE sustentable non comparte necesariamente as opinións e xuizos dos traballos publicados
Proceso de evaluación por pares
ambientalMENTE sustentable avalía todos os orixinais recibidos a partir do procedemento de avaliación por pares.
Previamente é o equipo editorial quen determina a pertinencia formal de cada artigo.
O artigo é revisado de forma anónima por 2 ou 3 revisores externos especialistas na temática atendendo a uns criterios de valoración públicos.
• Criterios para a valoración formal
• Criterios de avaliación para revisores externos
Política de acceso abierto
Esta revista proporciona un acceso aberto a seu contido, baseado no principio de ofrecer aopúblico un acceso libre ás investigacións axuda a un maior intercambio global do coñecemento.
Principios de Ética
Responsabilidade do Comité Editorial
Os procesos de revisión por pares é definido e divulgado polo Comité Editorial co fin de que as persoas autoras coñezan cales son os criterios de avaliación. O Comité Editorial estará sempre disposto a xustificar calquera controversia no proceso de avaliación.
Responsabilidades dos Editores
Responsabilízase por todo o publicado na revista.
Deberá esforzarse por mellorar a revista, por asegurar a calidade do material que publica e por impulsar os estándares académicos e científicos.
Está disposto a publicar correccións, aclaracións, retractacións e disculpas cuando sexa necesario.
A decisión do editor de aceptar ou rexeitar un traballo para a súa publicación baséase únicamente na importancia, orixinalidade, claridade e pertinencia do traballo para a revista.
Garantizarase a confidencialidade do proceso de avaliación.
Responsabilidades das persoas autoras
Deben garantir que seus manuscritos son orixinais e que os datos foron obtidos de maneira ética.
Seus traballos non foron previamente publicados ou estean a ser considerados noutra publicación.
Recoñecen as fontes axeitadamente e citan as publicacións influíntes no traballo presentado.
Ainformación obnida de forma privada, como conversas, correspondencias ou discusións con terceiros, é usada con permiso escrito das fontes.
• Cando un autor descubre un erro ou inexactitude está obrigado a notificalo de inmediato ao Editor da revista.
Responsabilidades dos revisores
Comprométense a notificar calquera conducta non ética por parte dos autores.
Comprométense a manter de manera confidencial a información relacionada cos artigos que avalían.
Para avaliar os traballos contan coas directrices proporcionadas pola liña editorial.
Debe de notificar no menor tempo posible ao editor si está cualificado para revisar l investigación dun manuscrito.
Os manuscritos recibidos para a súa revisión deben ser tratado como documentos confidenciais.
Deben expresar os seus puntos de vista con claridade e con argumentos válidos.
Toda información e ideas obtidas a través da revisión por pares debe ser confidencial e non se utilizará para obter ventaxess personais.
Non deben avaliar manuscritos nos que teñen conflictos de intereses.
Sponsors
CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgació Ambiental de Galicia)
Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte- Universidade do Mato Grosso
Historial de la revista
ambientalMENTEsustentable é unha publicación semestral de carácter científico que xurde como produto do I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, celebrado en setembro de 2007 en Santiago de Compostela (Galicia-España), promovido polo CEIDA, co reto de explorar, compartir e crear vías de resposta educativa á crise socio-ambiental desde as comunidades da lusofonía co resto das comunidades cientícas. Será o CEIDA xunto coa Universidade da Coruña (a través da Área de Extensión Universitaria e o Servizo de Publicacións) quen asuma a responsabilidade editorial.
A política editorial inicial foi sacar 2 números impresos por ano, que se facilitaban baixo suscripción, e eran subidos á rede un ano máis tarde con acceso gratuito a través da páxina do CEIDA. No ano 2012 habilítase www.ambientalmente.es co fin de facilitar o acceso libre online.
En setembro do 2013, celébrase o II Congresso Internacional de Educação Ambiental dos Países Lusófonos en Cuiabá (Mato Grosso-Brasil) e, co fin de abrir unha nova etapa, acórdase ampliar o consello editorial, que quedará constituído pola inclusión dos Grupos de Investigación “Política Educativa, Historia e Sociedade” da Universidade da Coruña (Galicia-España) e “Educação Ambiental, Comunicação e Arte” da Universidade Federal do Mato Grosso (Brasil).