Contido principal do artigo

Carlos Vales Vázquez
CEIDA
España
Vol. 26 Núm. 1-2 (2019), Marco teórico, Páxinas 23-33
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2019.26.1-2.6546
Recibido: maio 22, 2020 Publicado: dec. 22, 2019
##submission.howToCite##

Resumo

Este artigo ten a súa orixe na presentación realizada polo autor nas II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental organizadas polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, na súa sede no Castelo de Santa Cruz en abril de 2018. Os obxectivos destas Xornadas era crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental como ferramenta para contribuír á sostibilidade e á mellora da problemática ambiental, reflexionar sobre o estado e os problemas da Educación Ambiental tanto en Galicia como noutros países con afinidades culturais e linguísticas e robustecer as relacións de cooperación internacional para aumentar a eficacia do uso da Educación Ambiental como ferramenta de intervención social. Faise un percorrido histórico dos Congresos de Educación Ambiental para os países lusófonos e Galicia, destacando a relevancia dese I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, onde por primeira vez, se consigue reunir en Santiago de Compostela, a representantes de todos os países de lingua portuguesa, incluída Timor Leste. Esto foi posible gracias a implicación de moitas institucións e gobernos, de expertos de Educación Ambiental de moitos países e ao esforzo do CEIDA por incorporar a intelectuais e expertos doutras disciplinas coa intención de enriquecer o discurso de transformación social. Despois de describir a historia deste I Congreso e das súas repercusións, entre as que se destaca a de dar formación a responsables de áreas protexidas do mundo lusófono africano e do Timor Leste, continúa o percorrido ate os nosos días, onde o Congreso Lusófono ten conseguido consolidarse diante dos gobernos dos diferentes países, amosando tamén como a Rede Lusófona se converteu nun referente na Educación Ambiental neste espazo xeográfico, cultural e lingüístico. Conclúe o artigo cunha serie de recomendacións sobre a necesidade de que os Congresos Lusófonos de Educación Ambiental sexan un espazo de creación de intelixencia colectiva e de apoio á intervención socioambiental.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo

Citas

CEIDA (2011). Memoria de actividades. CEIDA 2001-2011. Ourense: CEIDA. [http://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-publicaciones/memoriaceida2001-2011.pdf]

CEIDA (2007). I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia. Comunicacións. Oleiros: CEIDA. (CD-Rom ISBN 978-84-690-7996-6).

CEIDA (2005). Memoria de actividades. CEIDA 2001-2005. A Coruña: CEIDA. [http://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-publicaciones/memoriaactividades20012005_0.pdf]

Vales, Carlos (coord.) (2010). Manual de Gestión de Áreas Protegidas para los Países Lusófonos. A Coruña: CEIDA

Vales, Carlos (2006). CEIDA: Un Centro de referencia para a Educación Ambiental en Galicia, ambientalMENTE sustentable, vol. 01, núms. 01-02, pp. 265-279.

VV.AA. (2010). Manual de gestión de áreas protegidas. Oleiros: CEIDA.