A Educación ambiental en Galicia: controversias sobre o desenvolvemento do campo e o seu estado actual
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2015.02.020.1591Palabras clave:
educación ambiental, historia de vida, políticas sociais, profesi´´ons ambientaisResumo
Nun contexto socioeconómico e político como o actual, que demanda a transformación cara outros modelos de sociedade, a educación ambiental en Galicia, que podería ser unha ferramenta potente para o cambio, está a sufrir un preocupante retroceso respecto a conquistas alcanzadas en décadas anteriores (SGEA, 2011). Este artigo busca aportar un pouco de luz sobre esta realidade, presentando algunhas das principais conclusións da investigación “A educación ambiental en Galicia: análise sociobiográfica da súa construción como campo”, tese doutoral realizada no marco do Grupo de investigación SEPA da USC, con cargo ás axudas do Plan Galego 2011/2015 (Convocatoria 2011). No texto recóllense aqueles puntos interpretativos que contribúen á liña de reflexión proposta no III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa, arredor do paradoxo sobre unha perda de peso da educación ambiental nas políticas ambientais e educativas mentres que vai parella ao empeoramento das problemáticas que constitúen a crise ambiental. Tras os discursos oficiais deterministas, que argumentan e xustifican o desmantelamento do campo sobre a base das “necesarias” e “inevitables” políticas de austeridade, escóndense dinámicas e loitas de poder que veñen condicionando a súa traxectoria e que resulta interesante facer explícitas.
Descargas
Citas
BOURDIEU, Pierre (1979). La distinción. Criterios y bases sociales del gusto. Madrid: Tearus.
BOURDIEU, Pierre (2003). Os usos sociais da ciência. Por uma sociologia clínica do campo científico. Sao Paulo: Fundaçao Editora da UNESP.
CARVALHO, Isabel Cristina M. (2002). El sujeto ecológico y la acción ambiental en la esfera pública: una política en transición y las transiciones en la política, Tópicos en Educación Ambiental, 4, 10, 37-49
CARVALHO, Isabel Cristina M.; ROSELAINE, Carmen e VILLELA, Marcos (2011), A missão “ecocivilizatória” e as novas moralidades ecológicas: a educação ambiental entre a norma e a antinormatividade,Ambiente&Sociedade, 14, 2, 35-49
HOBSBAWN, Eric (1995). A era dos extremos: o breve século XX: 1914-1991. São Paulo: Companhia das Letras
MEIRA, Pablo (2009). Outra lectura da historia da Educación Ambiental e algún apuntamento sobre a crise do presente, AmbientalMente Sustentable, ano IV, nº8, pp.16-43.
PARDELLAS, Miguel e MEIRA, Pablo (2012). Educación ambiental en Galicia: crisis, ¿qué crisis?, Boletín Carpeta Informativa del CENAM [http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/articulos-de-opinion/2012-02-pardellas-meira_tcm7-253463.pdf]
RAUBER, Isabel (2002). Movimientos sociales y representación política. Buenos Aires: CTA
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Emmanuel (2015). Por qué fracasó la democracia en España. La transición y el Régimen del 78. Madrid: Traficantes de Sueños
SATO, Michèle e DOS SANTOS, José Eduardo (2003). Tendências nas pesquisas em educação ambiental, NOAL, F.; BARCELOS, V. (Orgs.) Educação ambiental e cidadania: cenários brasileiros. Santa Cruz do Sul: EDUNISC, p. 253-283.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.