Unha escola para a independencia e para a responsabilidade O Xardin Infantil Pestalozzi
Contido principal do artigo
Resumo
O Xardín Infantil Pestalozzi (1955...) é unha escola de ensino particular, en Lisboa. Este artigo dá conta da investigación que sobre el se fixo no ámbito do proxecto INNOVAR - Propostas de innovación pedagóxica: escolas e experiencias de referencia en Portugal o século XX, financiado pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCT) desde maio de 2016. O proxecto pretende identificar e caracterizar un conxunto de escolas e experiencias innovadoras, creadas en Portugal ao longo do século XX. A análise de diferentes prácticas, paradigmas pedagóxicos e metodoloxías representativas de formas de escolarização alternativas que, entón ou aínda hoxe caracterizan esas institucións, son outros dos obxectivos do proxecto.
Como fontes para este artigo foron utilizadas diversas publicacións e materiais producidos pola escola, a extensa documentación de arquivo (planos de actividades, informes, cartas, actas, prensa escolar, fotografías, documentos audiovisuais,...) e testemuños oráis.