Contido principal do artigo

Anxo Serafín Porto Ucha
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-6242-830X
Raquel Vázquez Ramil
Universidad de Valladolid
España
https://orcid.org/0000-0001-8686-8289
Vol. 21 (2017), Monografía. Depuración do maxisterio, páxinas 31-72
DOI https://doi.org/10.17979/srgphe.2017.21.0.4587
Recibido: Oct 12, 2018 Aceptado: Oct 12, 2018 Publicado: Oct 15, 2018
Copyright Como citar

Resumo

Neste artigo ocupámonos da depuración do Maxisterio na provincia de Pontevedra. Partimos do publicado por nós ata agora desde comezos do ano 2000, ben a xeito de libros, relatorios e comunicacións en congresos, artigos en revistas, ben coa presenza en distintos foros locais e actos institucionais, cursos de verán, prensa etc., con novas matizacións e avances, produto da atención constante ao tema.
Desde o punto de vista temporal, o proceso de depuración esténdese basicamente entre 1936 e 1942, aínda que xa antes do final da contenda civil se comezou coa revisión das sancións impostas que, nalgúns casos significados, chegaron ata o principio dos anos 70.
En canto ás fontes consultadas, ofrecemos novas achegas a través das fontes ás que tivemos acceso, entre elas as orais, importantísimas para o estudo desta temática relacionada coa recuperación da memoria histórica.

Descargas

Os datos de descarga non están aínda dispoñibles.

Detalles do artigo