Contido principal do artigo

Antonio Prado Gómez
Catedrático do IES Lucus Augusti
España
Vol. 18-19 (2015), Miscelánea, Páxinas 195-223
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4054
Recibido: set. 14, 2018 Aceptado: set. 14, 2018 Publicado: out. 11, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

O Diccionario de educación y métodos de enseñanza de Mariano Carderera resulta ser unha obra de temática educativa fundamental para coñecer a situación do ensino español, ou mesmo europeo, a mediados do século XIX. A ampla formación persoal e profesional do autor, bo coñecedor das experiencias pedagóxicas do momento e home ben documentado sobre a situación do sector docente, permitiulle elaborar unha obra básica para entender a situación do ensino no momento en que a describe, aínda que deban recoñecerse nela bastantes presupostos tradicionais, e mesmo reaccionarios nalgúns casos, como nas súas consideracións sobre as posibilidades educativas da muller. Preténdese aquí facer un percorrido polos contidos máis significativos dos catro volumes de que consta a obra, nos cales non faltan referencias a asuntos como diversos aspectos de historia da educación, a disciplina dos alumnos, a condición dos mestres, a distribución do tempo e do traballo na escola ou as estratexias pedagóxicas que cómpre desenvolver no ámbito educativo

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo