Para unha historia da educación teatral en Galicia. Aspectos básicos
Contido principal do artigo
Resumo
Na construción e configuración de calquera sistema do campo cultural, faise necesario, entre outras cousas, o desenvolvemento de institucións que o estruturen e nutran. No caso do teatral, son especialmente importantes aquelas nas que se forman os axentes do sistema, e, entre elas, destacan as escolas de teatro, centros de formación que poden desenvolver procesos educativos diversos, con maior ou menor grao de formalización, aínda que o ámbito da educación teatral é maior, como queremos mostrar. Neste traballo, que situamos ao abeiro da Historia da educación teatral, queremos ofrecer unha panorámica xeral do que teñen sido as liñas de traballo máis importantes no ámbito da formación teatral en Galicia, e que, no seu conxunto, configuran un campo de estudo e investigación emerxente.